Actividades

GALERIA IMAXES. XOGOS POPULARES

A continuación mostrase o enlace para ver os xogos populares que vamos realizando en Educación Infantil.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipterracha/galeria/thumbnails.php?alb...

 

Proxecto Deportivo de Centro.

Proxecto deportivo de Centro. O longo deste curso realizaranse múltiples actividades dende a área de Educación Física para fomentar o deporte entre o alumnado.

Xogos populares: dende a área de Educación Infantil, promoveranse xogos populares de diversa índole principalmente centrándose nos xogos populares galegos.

 

Baile Fin de Curso 2019

O grupo de baile do CEIP Terra Chá amenizou a festa de Fin de Curso cuns magníficos bailes.

 

Carreira Letras Galegas

Todo o CEIP Terra Chá participou na Carreira das Letras Galegas organizada polo Concello de Vilalba. 

Pasámolo moi ben e esforzámonos todo o que puidemos.

 

Liga de Rugby

Hoxe comezamos a Liga de Rugby adaptado. Esperemos que non se manque ninguén e que todo o mundo o pase xenial.

Liga de MiniBasket

Hoxe comezamos a Liga Interna de MiniBasket do CEIP Terra Chá. Un total de 8 equipos mixtos xogarán durante os recreos deste trimestre co obxectivo de mellorar as súas habilidades nos deportes colectivos, fortalecer a súa condición física e participar activamente dos tempos de lecer.

 

Baile Santa Claus

O grupo de baile do CEIP Terra Chá honrou a visita de Papá Noël realizando uns divertidos e creativos bailes que foron ensaiados durante todo o trimestres baixo a supervisión dos mestres de Música e Educación Física e a dirección dos rapaces de 6º EP.

 

 

 

 

Baile de Outono

O grupo de baile deleitounos cunha exhibición durante a celebración do Magosto.

O baile estivo supervisados polos mestres de Educación Física e Música.

 

 

 

Liga De Hockey

Hoxe damos comezo a Liga Interna de Hockey do CEIP Terra Chá.

 

Agardamos que todos os participantes se divirtan e o pasen xenial.

 

Revista A Chaira - Especial Deporte - Xaneiro 2018

A comunidade escolar do CEIP Terra Chá anuncia o retorno da súa clásica cabeceira: A Chaira.

Presentamos o número do mes de xaneiro, adicado especialmente ao Deporte.

 

 

 
Distribuir contido