Fondo solidario de libros de texto - Modificación de datas

Unha vez rematado o prazo de dous días de exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto, comunícase que se produciu unha reclamación, polo tanto, e ata que non se resolva a mesma, queda en suspenso a publicación das listaxes definitivas. En calquera caso, e atendendo ao sinalado no artigo 19, punto segundo, da orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17, comunícase que a data límite para publicar as listaxes definitivas será o venres 22 de xullo.

No caso de poder resolver con anterioridade a esa data a reclamación presentada, publicaríanse as listaxes definitivas o antes posible.