3º AVALIACION E AVALIACION FINAL. CURSO 2019-2020

Boas

Aquí se deixan as indicacións de cómo se vai avaliar o final de curso é cómo aparecerá a información ás familias nos boletíns. Saúdos.

AVALIACIÓN FINAL DO CURSO 2019-2020

 

lexislación:Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Probas finais: non se farán probas finais presenciais, senón que para o alumnado con

cualificacións negativas realizarase con traballos, actividades que se foron solicitando

telematicamente.

 

Valoración: 3º avaliación e avaliación final:

 

-a realización das actividades de reforzo, recuperación e repaso.

-interese do alumnado por seguir/facer as actividades que se foron propoñendo dende o

13 de marzo.

-o claustro de mestres terá en conta as dificultades tecnolóxicas que poda ter o

alumnado.

-As actividades que fixeran os nenos SEMPRE se cualificarán de forma POSITIVA.

 

 

BOLETÍN DE NOTAS/CUALIFICACIÓNS PARA AS FAMILIAS:

 

-Só aparecerán nestes boletíns as cualificacións da 1º, 2º avaliación e a final, a

cualificación da 3º avaliación NON aparecerá, xa que de acordo a lei non é avaliable, xa

que só se repasan e recuperan contidos da 1º e 2º avaliación.

 

Atentamente a dirección.

 

Actividades Relixión Católica semana 1 de xuño

Bo día, familias.

Estas son as recomendacións para esta semana.

Coma sempre tedes o meu correo para calquera dúbida e para enviarme as vosas tarefas.

Saúdiños e unha aperta do profe Marcos.

P. D. os cursos de Edixgal tamén as teñen na plataforma.

ACTIVIDADES 1º e 2º CURSO

Bo día familias, envió os 2 documentos semanais de repaso e reforzo de Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Mates e Linguas para esta primeira semana de Xuño.

Calquera dúbida mandádeme un correo.

Espero que tod@s sigades ben!!

Apertas e un saúdo!!

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

Esta semana recomendamos a seguinte organización:

1. Para os nen@s de 4 e 5 anos, adxúntase a continuación un documento para seguir traballando a conciencia fonolóxica.

2. Para os nen@s de 3 anos, continuamos afondando nas vogais, tamén co documento que se adxunta para imprimir, e mais o nome. Para este último caso, tamén tedes un PDF cos nomes de cada un para escribilos seguindo unha pauta e discriminar as súas letras. 

Un saúdo para tod@s e un bico moi forte!! 

ACTIVIDADE DE REPASO: CIENCIAS NATURAIS (3º)

Bos días, familias!

Deixovos por aquí unhas fichas de repaso de Naturais. Calquera cousiña, estamos en contacto a través do correo ou de abalar móbil.

 

Moito ánimo!!

ACTIVIDADES DE REPASO - 4º DE PRIMARIA

Bos días, familias!

Deixovos por aquí o novo material de traballo para os próximos días. Como sempre, seguimos en contacto a través do noso grupo.

Calquera cousiña, aquí estou!

 

Moito ánimo!!

ACTIVIDADE CASTELAN 5º PRIMARIA.

Boas

 

Envío tarefa.

 

Saúdos

Actividades Relixión Católica semana 25 de maio

Bo día, familias.

Para rematar o mes de Maio imos facelo cun "selfie".

No adxunto tedes o modelo. Non dubidedes en enviarme as vosas creacións!!!

Apertas do profe Marcos.

TAREFAS PARA O ALUMNADO DE 4º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ola familias, que tal estades? Nesta publicación vos adxunto un documento con tarefas lúdicas para mellorar a ortografía.  Estas actividades son para facer durante esta semana, elaborando entre dúas ou tres actividades cada día ou como vos prefirades organizarvos. 

Calquera dúbida que teñades ou para enviarme as actividades feitas, deixovos de novo o meu correo electrónico: 

carlapenarey@edu.xunta.es

 

Moito ánimo para todas e todos. 

Un saúdo.

Carla Pena

 

 

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!!

Esta semana recomendamos a seguinte organización:

1. Para os nen@s de 4 e 5 anos adxúntase a continuación un documento para seguir traballando a conciencia fonolóxica.

2. Para os nen@s de 3 anos, continuamos co segundo libro de números, aconsellando a realización das páxinas 8, 9, 11, 12 e 15, que son as que gardan unha certa relación para a comprensión de conceptos espaciais básicos como son dentro/fóra ou encima/debaixo. A maiores disto, tamén envío un documento para imprimir con actividades relacionadas con isto. 

3. No seguinte enlace tamén poderedes atopar actividades divertidas que podedes facer tod@s os nen@s: https://actividadesinfantill.blogspot.com/2020/05/conceptos-espaciais-basicos-parte-ii.html 

 

Moitos bicos para tod@s e unha aperta grande !! 

 

Distribuir contido