blogue delara infantil

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

Esta semana recomendamos a seguinte organización:

1. Para os nen@s de 4 e 5 anos, adxúntase a continuación un documento para seguir traballando a conciencia fonolóxica.

2. Para os nen@s de 3 anos, continuamos co traballo no libro de números aconsellando a realización das páxinas 14, 16, 18, 21, 25 e 31, que son as que gardan unha certa relación. Igualmente, aquí tamén se deixa un PDF con fichas deste tema para facer xa nestas dúas últimas semanas do curso. 

3. Por último e para todos os nen@s, tamén se inclúe un documento, que non tedes que imprimir, para coñecer máis vocabulario sobre o verán, así como un enlace para facer xogos con esas palabras e imaxes. O enlace é o seguinte: https://yq5cgr9lorzhw2fzu4keba-on.drv.tw/Prueba/Ver%C3%A1n/veran.html 

Un saúdo para tod@s e unha aperta forte!!

ACTIVIDADE DE RECICLAXE PARA TODOS OS CURSOS

Bo día familias!!

Con motivo das conmemoracións do Día Mundial do Medio Ambiente (hoxe, 5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos 2020 (8 de xuño), no seguinte documento recóllese unha actividade de reciclaxe que poden levar a cabo todos os alumn@s da escola, e que pode ser interesante converter despois nun hábito na casa. As instrucións e os materiais para o seu desenvolvemento sinálanse máis especificamente no PDF. 

Un aperta forte para tod@s!! 

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

Esta semana recomendamos a seguinte organización:

1. Para os nen@s de 4 e 5 anos, adxúntase a continuación un documento para seguir traballando a conciencia fonolóxica.

2. Para os nen@s de 3 anos, continuamos afondando nas vogais, tamén co documento que se adxunta para imprimir, e mais o nome. Para este último caso, tamén tedes un PDF cos nomes de cada un para escribilos seguindo unha pauta e discriminar as súas letras. 

Un saúdo para tod@s e un bico moi forte!! 

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!!

Esta semana recomendamos a seguinte organización:

1. Para os nen@s de 4 e 5 anos adxúntase a continuación un documento para seguir traballando a conciencia fonolóxica.

2. Para os nen@s de 3 anos, continuamos co segundo libro de números, aconsellando a realización das páxinas 8, 9, 11, 12 e 15, que son as que gardan unha certa relación para a comprensión de conceptos espaciais básicos como son dentro/fóra ou encima/debaixo. A maiores disto, tamén envío un documento para imprimir con actividades relacionadas con isto. 

3. No seguinte enlace tamén poderedes atopar actividades divertidas que podedes facer tod@s os nen@s: https://actividadesinfantill.blogspot.com/2020/05/conceptos-espaciais-basicos-parte-ii.html 

 

Moitos bicos para tod@s e unha aperta grande !! 

 

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

Esta semana recomendamos a seguinte organización:  

  1. Para os nen@s de 4 e 5 anos adxúntase a continuación un documento para seguir traballando os números 
  2. Para os nen@s de 3 anos, continuamos co segundo libro de letras que recibistes (Mis letras 2, versión cuadrícula), aconsellando a realización das seis primeiras páxinas
  3. A maiores, para tod@s e para adquirir vocabulario sobre a primavera, tamén se adxuntan dous documentos, un deles para imprimir, e mais un enlace para facer xogos no ordenador ou na tablet. O enlace é o seguinte: https://yq5cgr9lorzhw2fzu4keba-on.drv.tw/Prueba/primavera.html

Moitos bicos para tod@s e unha aperta grande!! 

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

A continuación, deixo un documento para seguir repasando conceptos matemáticos para os nen@s de 3 anos. Tamén aproveitando que foron enviados os libros que quedaban no colexio, imos a facer uso deles, polo que esta semana pode ser interesante empezar co caderno de números. Unha suxerencia de inicio pode ser a realización das páxinas 1,2,3,4 e 7, que gardan unha certa relación entre si.

 

Calquera dúbida, xa me decides! Unha aperta e un biquiño forte para tod@s!

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familia!! 

A continuación deixo para os alumn@s de 3 anos o seguinte documento con fichas de letras para seguir afondando na lecto-escritura e completar o traballo feito no libro de letras. Ademais e como a semana pasada, tamén se facilitan os seguintes enlaces, neste caso para todo o alumnado de Educación Infantil, con xogos de atención, vocabulario, números ou puzzles con elementos propios da primavera. 

https://yq5cgr9lorzhw2fzu4keba-on.drv.tw/Prueba/juegos.html

https://actividadesinfantill.blogspot.com/2020/05/para-seguir-traballando-motricidade.html

 

Unha aperta moi grande familias! Mantémonos en contacto 

 

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

Deixamos a continuación dous documentos para facer durante esta semana. O primeiro, chamado Números, é so para o alumnado de 3 anos e serve para complementar o traballo feito no libro de mates. O seguinte, O monstruo de cores, é para tod@s e inclúe propostas para traballar directamente a educación emocional con recursos sinxelos e fáciles de atopar na casa. 

Ademais, tamén se facilita o seguinte enlace con xogos para facer no ordenador ou na tablet para afondar e practicar as vogais e a atención e concentración: https://yq5cgr9lorzhw2fzu4keba-on.drv.tw/Prueba/xogosvocais.html  

Moito ánimo familias, hoxe xa é un día menos para vernos. Un biquiño enorme para eses pequerrech@s!!

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

Bos días familias!

Aquí vos deixamos dous documentos e mais un enlace para facer actividades complementarias e totalmente voluntarias durante esta semana. Moito ánimo, que hoxe xa é un día menos! Saúdos. 

 

file:///C:/Users/Lara/Desktop/ACTIVIDADES/ACTIVIDADES.html

Actividades para todo o alumnado de Educación Infantil

Bos días familia!

A continuación, pasámosvos un PDF con distintas rutinas para desenvolver durante a mañá e que poden axudar, en gran medida, a que os nen@s non perdan os hábitos adquiridos. Por suposto e como ben se di no documento, estas son totalmente voluntarias e podedes distribuílas en base ás vosas circunstancias persoais e profesionais.

Igualmente, a maiores das rutinas presentadas, sería recomendable continuar co traballo iniciado nos libros de texto de letras e números, polo menos durante estes 15 vindeiros días. O ideal sería, para os alumn@s de 3 anos, facer cada día unha ficha intercalándoa, é dicir, un día letras e ó seguinte mates, repasando tamén todo o visto con anterioridade. Con respecto ós nen@s de 4 e 5 anos e dado que xa remataron os libros de números, que se centren no libro de letras, sen esquecer, tampouco, repasar os exercicios de números que xa levaron en semanas anteriores. Despois, unha vez que xa estean feitas estas actividades, procederemos a enviar fichas complementarias.

Ademais, o desenvolvemento de todas estas actividades non pode deixar de lado accións tan necesarias como pintar, recortar, manipular plastilina ou xogar con todos os xoguetes e instrumentos que os nen@s teñan no fogar. Esta tamén pode ser unha boa ocasión para crear algunha manualidade con materiais reciclables que xa non usedes ou algunha actividade vinculada coa estación da primavera. Un mural, a recollida de flores, plantar lentellas, pintar con elementos do medio natural ou mesmo axudar no coidado do horto familiar poden ser estratexias para xerar a aprendizaxe. Un exemplo do que estabamos a facer con respecto á primavera é o que se mostra na imaxe.

Así pois, esperamos que o traballo cos libros de texto, polo menos nestes 15 días, sexa suficiente para seguir afondando na lecto-escritura e na lóxica-matemática.

Saúdos!

Distribuir contido