AGRUPACION ALUMNADO INFANTIL.

Estimadas familias.

Como saben estábamos pendentes da posibilidade de que se matricular un alumno máis en 4º 5º infantil para abrir as tres unidades, pero este motivo non sucedeu, polo tanto seguiremos tendo dúas unidades en infantil, distribuidos da seguinte forma:

unidade de 4º 5º infantil: 18 alumnos/as 

unidade de 6º infantil: 11 alumnos/as.

Desta forma mantemos o mesmo grupo de 5º curso, sen rompelo e distribuilos entre as dúas unidades, para non romper as afinidades pedagóxicas e afectivas que ten o grupo.

Atentamente a dirección.

SOLICITUDE TARXETA XENTE NOVA. PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR VILALBA-PARADA CAMPO DO SANTO.

Estimadas familias.

Deixamos aquí toda a información para solicitar a tarxeta "xente nova" para o alumnado que vai facer uso das seguintes paradas de transporte escolar:

-"A PRAVIA"

-"ESTACION DE AUTOBUSES"

-"CAMPO DO SANTO"

 

Estas paradas eran excepcionais os anteriores cursos, seguen existindo con normalidade, só que o alumnado ten que levar consigo a tarxeta xente nova.

A tarxeta solicitase na ABANCA. Deben cargala cun bono de 60 viaxes.

Non ten custo ningún, debido a que despois irán reintegrandolle o diñeiro cada vez que a volva cargar.

Deben tela para comezar o curso, senon dito alumnado non poderá acceder o bus.

CLICAR AQUI PARA TER TODA A INFORMACIÓN DE CÓMO SOLICITAR A TARXETA XENTE NOVA.

SOLICITUDE DE INSCRIPCION COMEDORES.

Deixamos os impresos para a solicitude de comedores para o curso 2020-2021.

Tamén deixamos o enlace de cómo calcular a renda automáticamente.

CALCULADORA COMEDORES.

Un saúdos.

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR. EDUCACION INFANTIL. CONCELLO DE VILALBA.

Deixamos tanto as bases como a documentación necesaria para poder facer a solicitude de axudas de material escolar.

Presentación da solicitude: CONCELLO DE VILALBA (centros educativos NON)

PRAZO: DENDE O 21 DE XUÑO O 2 DE XULLO.

calquera dúbida chamar o concello de VIlalba, departamento de servizos sociais: 982 51 03 05

Documentacion a cubrir (arquivos adxuntos)

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

No arquivo adxunto poden consultar o listado de libros de texto para o próximo curso 2021-2022

Videos-presentación dos traballos sobre o Camiño de Santiago

FONDO LIBROS-AXUDA MATERIAL ESCOLAR-AXUDA LIBROS 1º 2º PRIMARIA.

ARQUIVOS ADXUNTOS:

 INFORMACIÓN: FONDO LIBROS/AXUDAS MATERIAL ESCOLAR/AXUDAS LIBROS 1º 2º PRIMARIA. Para elo descargar o arquivo INSTRUCCIÓNS.

Documentación a cubrir: ANEXOS I,II

 

 

ADMISION DO ALUMNADO. CURSO 2021-2022

RESERVA ADMISIÓN E MATRICULA DE ALUMNADO

CURSO 2021/2022

 PRAZO: 1-22 DE MARZO

 

NORMATIVA:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 SOLICITUDE DE ADMISIÓN

4. Presentación da solicitude de admisión (para alumnado novo que non fixo a reserva, e para alumnado  procedente doutros centros ou alumnado dos anteditos centros adscritos que non solicitaran a reserva no prazo indicado): 1-22 de marzo.

5.Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.

6.       Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidasantes do 25 de abril.

7.       Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.       Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

ACLARACIÓN:

1º Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‐ misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN PARA ADMISIÓN:

A solicitude de admisión pode realizarse da seguinte forma:

1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 3ª FASE: MATRÍCULA

10.   Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 30 de xuño. Anexo III da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

A formalización da matrícula  pode realizarse da seguinte forma:

 1.De forma presencial no centro

2.Online: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que se atopa matriculado o seu fillo ou filla.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

 

 AREAS DE INFLUENCIA.

Para saber as áreas de influencia do centro, comunicarse coa dirección do mesmo.

 

 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

  -TRANSPORTE ESCOLAR -COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN DIRECTA.

Distribuir contido