AGRUPACION ALUMNADO INFANTIL.

Estimadas familias.

Como saben estábamos pendentes da posibilidade de que se matricular un alumno máis en 4º 5º infantil para abrir as tres unidades, pero este motivo non sucedeu, polo tanto seguiremos tendo dúas unidades en infantil, distribuidos da seguinte forma:

unidade de 4º 5º infantil: 18 alumnos/as 

unidade de 6º infantil: 11 alumnos/as.

Desta forma mantemos o mesmo grupo de 5º curso, sen rompelo e distribuilos entre as dúas unidades, para non romper as afinidades pedagóxicas e afectivas que ten o grupo.

Atentamente a dirección.