FLOCOS DE MILLO

 

Os nen@s do grupo 6, ao día seguinte de ir ao Museo do Campo, fixeron flocos de millo; pois durante a asamblea xurdiu unha dúbida, é o mesmo millo que se emprega para alimentar os animais o que se utiliza para facer os flocos do millo?. Despois de indagar, chegaron a conclusión de que non, eran uns grans e unha raza diferentes. Isto permitíulles coñecer os nomes dos diferentes tipos de millo existentes e máis frecuentes na nosa comunidade.