Skip to Content

CURSO 2012-2013

Segundo ano de proxecto. Recta final!

Si, este é o segundo curso que traballaremos no proxecto, e tamén será o ano de finalización do mesmo.

Este curso non traballamos menos que o anterior, pero os temas foron completamente distintos. Empezamos o curso preparando unha actuación de danza e música para representar en Eslovaquia. A premisa foi o traballo de tres pezas musicais: clásica, folk e moderna. Esta é a nosa actuación.

Tamén traballamos sobre os premios Nobel de literatura porque era unha das actividades que tiñamos que presentar en Turquía. Aprendemos moito sobre eles e fixemos libriños con información e pósters.

Tamén fixemos traballo sobre compositores españoles famosos e sobre os que fixemos unha presentación de diapositivas.

Por último, fixemos unha investigación sobre os cambios urbanos que sufriu Viveiro durante os dous últimos séculos e reflexamos o aprendido un folleto que tiñamos que levar á última visita a Polonia. Tamén alí estaba previsto un baile ambentado na mesma época, polo que tivemos que diseñar os nosos disfraces. Podes ir vendo as fotos e grabacións nos diferentes links deste texto.

Distribuir contido


by Dr. Radut