Skip to Content

Secretaría

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO BENEFICIARIO DE MÁSCARAS

Dende o día de hoxe, venres 4, quedan expostas  as listaxes definitivas de alumnado beneficiario de máscaras. Poderán ser consultadas polas persoas interesadas na Secretaría do centro, no horario habitual, de 9:30 a 14:30.

En breve, recibiredes información sobre o procedemento de entrega.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO BENEFICIARIO DE MÁSCARAS

Dende o día de hoxe, luns 30 de novembro, quedan expostas  as listaxes provisionais de alumnado beneficiario de máscaras. Poderán ser consultadas polas persoas interesadas na Secretaría do centro, no horario habitual, de 9:30 a 14:30.

Ábrese un período de dous días ( 1 e 2 de decembro) para facer, de ser o caso, a pertinente reclamación no propio centro.

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS.

Publicadas as listaxes definitivas das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar. Estas listaxes poderán ser consultadas na aplicación FONDOLIBROS, accedendo polo apartado CIDADÁN, ou no propio centro no taboleiro en Secretaría.

VALES DE AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Os vales de axuda para a adquisición de libros de texto e material escolar poderán ser recollidos no centro os días 15, 16 e 17 de xullo no noso horario habitual de Secretaría, de 10:00h a 13:00h.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar. Estas listaxes poderán ser consultadas na aplicación FONDOLIBROS, accedendo polo apartado CIDADÁN, ou no propio centro no taboleiro en Secretaría.

O prazo para reclamacións serán os días 13 e 14 de xullo.

A publicación das listaxes definitivas realizarase o día 15 de xullo, e poderán ser consultadas polos mesmos medios.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS. CURSO 2020-2021

Xa se pode consultar a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2020-2021  na secretaría do centro.

O período de matrícula para o alumnado admitido será do 1 ao 10 de xullo.

O noso horario de atención ao público é de luns a venres, de 10:00h a 13:00h.

APERTURA DO PRAZO PARA COLABORADORES/AS DE COMEDOR. CURSO 2020/2021

Ábrese o prazo de admisión de membros da comunidade educativa (nais, pais, titores/as legais e acolledores/as familiares do alumnado) como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.

Poderanse solicitar e entregar os formularios de solicitude no propio centro. Prazo: ata o 17 de xuño, ou ben, do 1 ao 11 de setembro, sempre en horario de mañá, de 10:00h a 13:00h.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020-2021

Esta é a listaxe de libros de texto para o videiro curso 2020-2021, tanto de Ed.Infantil como de 1º a 4º de Ed.Primaria. Os grupos de 5º e 6º de primaria, como en cursos anteriores,  traballarán con libro dixital  dentro da plataforma EVA porque este centro participa no proxecto E-Dixgal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut