Skip to Content

Secretaría

LISTAXES PROVISIONAIS FONDOLIBROS

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar. Estas listaxes poderán ser consultadas na aplicación FONDOLIBROS, accedendo polo apartado CIDADÁN, ou no propio centro no taboleiro en Secretaría.

O prazo para reclamacións serán os días 13 e 14 de xullo.

A publicación das listaxes definitivas realizarase o día 15 de xullo, e poderán ser consultadas polos mesmos medios.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS. CURSO 2020-2021

Xa se pode consultar a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido para o curso escolar 2020-2021  na secretaría do centro.

O período de matrícula para o alumnado admitido será do 1 ao 10 de xullo.

O noso horario de atención ao público é de luns a venres, de 10:00h a 13:00h.

APERTURA DO PRAZO PARA COLABORADORES/AS DE COMEDOR. CURSO 2020/2021

Ábrese o prazo de admisión de membros da comunidade educativa (nais, pais, titores/as legais e acolledores/as familiares do alumnado) como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.

Poderanse solicitar e entregar os formularios de solicitude no propio centro. Prazo: ata o 17 de xuño, ou ben, do 1 ao 11 de setembro, sempre en horario de mañá, de 10:00h a 13:00h.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020-2021

Esta é a listaxe de libros de texto para o videiro curso 2020-2021, tanto de Ed.Infantil como de 1º a 4º de Ed.Primaria. Os grupos de 5º e 6º de primaria, como en cursos anteriores,  traballarán con libro dixital  dentro da plataforma EVA porque este centro participa no proxecto E-Dixgal.

 

Adaptacións das Programacións da 3º avaliación. Curso 2019/2020

1º PRIMARIA                                          2º PRIMARIA

 

3º PRIMARIA                                          4º PRIMARIA

 

5º PRIMARIA                                          6º PRIMARIA

 

E.FÍSICA                                                RELIXIÓN

REFERENDUM FAMILIAS.

Lémbrase a importancia da vosa participación na votación, a de todas as familias incluídas as de alumnado de 6º, posto que formades parte do censo actual.

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO PARA OS GRUPOS DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Aquelas familias que teñan concedido o préstamo de libros de texto para 3º ou 4º de Primaria,  poderán recollelos no centro nos días e horarios que figuran a continuación:

-Xoves ás 11:00h, nais ou pais de alumnado de .

-Venres ás 11:00h, nais ou pais de alumnado de .

Aqueles que non podan vir no día e hora marcados, deberán poñerse en contacto co centro en horario de mañá (de 10h a 13:30h)

 

LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS. COMEDOR ESCOLAR 2019-2020

 
NOTA IMPORTANTE: Lémbrase a todas as familias de usuarios e usuarias admitidos/as, e que non o teñan feito xa, que descarguen e cubran o MODELO DE AUTODECLARACIÓN anexo, para entregalo na Secretaría do centro a partir do día 2/9/19, en horario de mañá.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut