Skip to Content

Portfolio

Portfolio

Neste curso embarcámonos noutro proxecto novo, o Portfolio das Linguas, e ao igual que no caso das Sección Bilingües que xa temos, decidimos empezar cos grupos de 3º e 4º. As razóns son varias pero entre as principais están que: son grupos que están moi expostos en horas ao Inglés; teñen idade suficiente para autoavaliarse e valorar con certa obxectividade os seus progresos, e por outra banda, terían polo menos dous cursos máis para completar o Portfolio de Primaria.

Decidimos tamén que o habiamos empregar nas tres linguas que traballan: Galego, Castelán e Inglés, aínda que se fai referencia a outras como o polaco, que por circustancias chegamos a traballar neste curso.

Neste apartado iremos colgando algunhas das actividades que vaiamos facendo e que nos resulten máis significativas, divertidas ou especiais.

Distribuir contido


by Dr. Radut