Skip to Content

CURSO 2011-2012

Primeiro ano de proxecto. Despegamos!

Neste curso foron moitas as actividades que fixemos todos os grupos do cole, con respecto ao proxecto Comenius que temos en marcha.

De entre elas, destacamos o noso traballo sobre pintura, en concreto traballamos sobre Miró e Picasso, as correntes pictóricas ás que pertencen e as súas obras máis importantes.

As actividades foron do máis variado: visionado de películas sobre eles, busca de información na biblioteca, análese da súa obra e incluso fixemos reproduccións dos seus cadros, e inventamos os nosos aplicando os conceptos aprendidos. Como colofón final, aproveitamos a visita dos nosos socios no proxecto, para facer unha exposición internacional conxunta.

Un dos traballos máis lucidos dos que fixemos foi unha representación teatral sobre o Guernica e que representamos na nosa visita a Francia.

Podedes ver os nosos traballos aquí. E incluso a actuación

Outro tema sobre o que traballamos foi a poesía. Traballámola na mesma liña que o anterior, a partir da análise de obras, xogando coa rima, versionando obras coñecidas e recitando. Por último, editamos un poemario coa recopilación de poesías e autores de todos os socios. Podedes velo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut