4º Curso

Relixión

SEMANA 11-15 DE MAIO

Ola nen@s:

-Mirade este corto sobre a fraternidade: https://www.youtube.com/watch?v=aF4lMplHxfk

-Adxunto tarefas de repaso.

PROPOSTA DE TRABALLO(SEMANA 11-15 DE MAIO)

Ola a tod@s de novo!,

unha semana máis traballamos dende a casa. Coma sempre nos arquivos adxuntos están as explicacións do que tendes que facer, e nos enlaces que vos deixo a continuación uns vídeos titoriais que teredes que seguir para facer algunha das actividades propostas.

Tamén vos deixo un caderno con problemas de mates, son un montón e por suposto, tendes que elexir os que máis vos gusten e ide facendo pouquiño a pouco, se queredes, non tendes que imprimir as fichas, poñedes o número do exercicio e a páxina como facemos sempre e listo!

RETO MATEMÁTICO

A PEMENTA QUE FUXE

ORIXINAL BOLSA PARA O MERCADO

 

Veña, a traballar rapaces!

Un saúdo, 

A profe Inma.

https://youtu.be/shttIqNn8S0xpl

Movéndonos sen parar 2

Ola!  rapaces e rapazas, Como van esas actividades?

 

En Galicia cambiamos de Fase ... Pois no cole cambiamos de actividades.... Veredes que divertidas!!!!!!

 

Lembrade que vos propoño 4 tarefas de E. F. cada 2 semanas e hoxe comeza outra quincena. O principal destas actividades consiste en pasalo ben e facer os exercicios acompañado sempre que poidades, xa que é máis divertido e porque do que se trata é, simplemente de gozar da actividade física, rirte e mellorar a túa saúde.

Clica no teu curso, segue as indicacións en cada unha das 4 tarefas da semana que corresponda e a topeee....

                                                        ⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇⬇

https://view.genial.ly/5eb3d196d4d59a0d61ff8063/presentation-sanroqueef-sesion2

                  ⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆⬆

Agardo as vosas imaxes, videos ou calqueira dúbida que teñades no correo sanroqueef@gmail.com

 

 

 

Un saúdo a tod@s!!!!!

Actividades de inglés

Facer as fichas e practicar a canción nº6 "At home".

Esta semana tamén vos mando un conto ao que podedes acceder a través do enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=MuDgGEp5sR8

 

PROPOSTA DE TRABALLO(SEMANA 4-8 DE MAIO)

Bo día a tod@s!,

que tal foi a finde semana? agardo que ben e que desfrutarades e aproveitarades moito as saídas e o bo tempo.

Aquí vai a miña proposta de traballo para esta semana, repasaremos un pouco de mates, faremos unha lista da compra organizando para toda a semana, investigaremos sobre unha planta moi coñecida e mesmo faremos chegar o mes de maio as nosas casas cun experimento ben curioso...

Xa sabedes, a facer un pouquiño cada día, sen agobios!

Premede nos seguintes enlaces e nos arquivos adxuntos para ver as actividades e a información que precisades para facelas:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

Aí VEN O MAIO FLORIDO!

Relixión

Ola nen@s!

Esta semana que celebramos o próximo domingo o día da nai, non vos olvidedes, vamos a traballar sobre unha muller moi famosa : Teresa de Calcuta.

Visión do documental : https://www.youtube.com/watch?v=9R4EsRo2SNI

Ficha sobre o documental e completar.

Podedes mandarme as fichas resoltas a este correo electrónico: abalcastro@edu.xunta.es

Boa semana.

 

 

Actividades de inglés

- Facer as fichas e practicar a canción nº 4 The trapeze artists.

PROPOSTA DE TRABALLO (SEMANA 27- 1 de MAIO)

Ola a tod@s!, 

como foi a finde?...e esa saída tan esperada, agardo que esteades tod@s ben e a aproveitarades ao máximo, xa me contaredes!

Aquí vos deixo a proposta de traballo para esta semna, e algúns enlaces a páxinas web que precisaredes para realizar algunhas das actividades, só tendes que premer neles e nos arquivos adxuntos que aparecen tamén nesta publicación.

ANIMAIS INVERTEBRADOS

REPASO RÍOS

IMOS A FACER UNHA PULSEIRA!

Xa sabedes, se tendes algunha dúbida, facédemo saber na dirección de correo que levamos empregando todos estes días, 

Apertas, 

A profe Inma.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Ola a tod@S!

como xa vos dixen, hoxe 23 de abril celbramos o Día do libro, que...xa tendes o voso "minilibro"?, gustaríame que me enviárades unha fotiño para ver como vos quedou, seguro que todos quedaron xenial, sodes uns artistas!

Tamén vos lembro que podedes visitar o apartado da biblioteca da web do centro, alí atoparedes un montón de recursos e ideas para celebrar este día.

Premede no segunte enlace: 

   BLOG REPOLUGA

 

                                           Un saúdo, 

                                           A profe Inma

PROPOSTA DE TAREFAS (SEMANA 20-24 de abril)

Ola a tod@!

pois como vos expliquei aquí van as actividades que vos propoño para esta semana. Xa sabedes, pouquiño a pouco e sen agobios!

  • MATEMÁTICAS: REPASO ACUMULATIVO (páx. 109,  LIBRO 2º TRIMESTRE).
  • L. CASTELÁ: xa sabedes que esta semana celébrase o día do libro, e gustaríame facer unha actividade especial, así que vos propoño que fagades o vosos propio libro.Tranquilos aquí vos deixo todas as indicacións, para montalo e despois só tendes que deixar voar a vosa imaxinación, sei que sodes moi creativos e sairán ideas súper chulas!.

            Premede no seguinte enlace:

            COMO FACER UN MINILIBRO

  • ARTS & CRAFTS: e agora a actividade máis divertida que sei que vos vai a gusta moito...SORPRESA!

           BECHOS VOLADORES

  • C. NATURAIS: Hoxe toca experimento...sabedes o que pasa si...?

         Premede no enlace e buscade a explicación...

           EXPERIMENTO OU MAXIA?

         

Un saúdo, 

A profe Inma   

 

Powered by Drupal - Design by artinet