Audición e Linguaxe

COHETES ESPACIALES

 

Día da Paz en Audición e Linguaxe

Comezamos 2015, e con este novo ano imos comezar as publicacións neste apartado de Audición e Linguaxe, no que periodicamente expoñeremos as actividades que levamos a cabo nas sesións, tanto individuais como nos talleres de estimulación da linguaxe en Educación Infantil. Agardamos que vos gusten e sobre todo que os rapaces e rapazas aprendan e gocen moito.

Como ben saberedes o venres 30 de Xaneiro festexamos o Día da Paz, e como non podería ser doutro xeito, dende a aula de Audición e Linguaxe non quixemos deixar pasar a oportunidade sen aportar o noso gran de area, por iso, fixemos a nosas pombas da paz... unhas pombas moi especiais, pois non as pintamos de xeito tradicional, senón que o fixemos con palliñas, témperas e utilizando o noso sopro... deste xeito traballamos tanto a respiración como o control, intensidade e direccionalidade do sopro (fundamental na produción da linguaxe). Ambos aspecto especialmente importantes pois están estreitamente relacionados coa adquisición da linguaxe, e traballándoos estamos fomentando o exercicio dos órganos que interveñen na fonación e articulación da linguaxe.

Aquí deixámosvos unhas fotos nas que podedes ver o resultado e o ben que o pasaron os pequenos.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet