Complementarias

*** MAGOSTO

O pasado venres 11 de novembro (Día de San Martiño) celebrouse no noso cole o Magosto co tradicional asado de castañas e boliños preñados.

Os encargados desta labor foron, como é habitual, os alumnos e alumnas de 6º.

O alumnado tamén puido participar en xogos tradicionais.

Queremos dar as grazas polas castañas e leña que foron aportados polos nenos e nenas.

 

 

FESTIVAL DE NADAL

Queridas familias:

 

Este ano debido a pandemia causada pola COVID-19 non puidemos celebrar o noso festival de Nadal de xeito presencial, por iso, o Claustro de mestres do CEIP San Roque, decidimos crear uns videos coas cancións e panxoliñas que prepararon os nosos nenos e nenas.

 

 

 

 

Agardamos que vos guste moito!!!!

Moi pronto voltaremos á normalidade, ata entón seguiremos poñendo toda a nosa ilusión e cariño con traballos como este.

 

Para ver o video a pantalla completa, clicar na palabra Youtube.

 

 

 

BAILE FIN DE CURSO

Bo día a tod@s!!!

Desculpade polo retraso, pero xa sabedes dos problemas do directo....

Como ben sabedes este curso foi especial para todos, e como tal, o Festival de fin de curso non podería ser menos especial.

Aquí tedes o enlace ao vídeo onde poderedes gozar das e dos grandes artistas deste magnífico centro educativo.

 

 https://www.youtube.com/watch?v=JL2I3fkdabg&feature=youtu.be

 

 

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración, simpatía e cariño co que vos implicástedes, para que, ainda que neste curso nos quedaran cousas no tinteiro por facer e por vivir, sempre nos quede unha lembranza do que vivimos xuntos durante moitos días do ano...

 

Bicos e abrazos mil de todo o profesorado do Ceip San Roque para o alumnado, familias e persoal pertencente a esta comunidade educativa, e un moi especial a ese alumnado de SEXTO que non puidemos despedir como se merecen

 

FELIZ VERÁN!!!!!!

CANCIÓN DÍA DA PAZ

Aquí tendes a coreografía para a celebración do Día da Paz para poder practicala.

Video da canción do Día da Paz

DÍA DA PAZ 2017

Onte día 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e da Non Violencia e todos os colexios do concello de Vilanova de Arousa desprazámonos ó pavillón de Vilanova para celebrar todos xuntos este día.

 

Día da Paz Vilanova de Arousa 2017 from Elite Fotografía on Vimeo.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

 

As Novas do Día en TeleSalnés (fai clic para ver)

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

Diario de Arousa

Faro de Vigo

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS DE CAMBADOS

Faro de Vigo

Onte xoves 8 de maio visitou o noso cole a Protectora de Animais de Cambados.

Olga e Rosi viñeron acompañadas dos seus amigos:os cans.

Contaron contos, as actividades da Protectora, os coidados que debemos dar ós nosos cans. Os nenos e nenas poideron tocar os animais e ver algunhas das súas habilidades como sumar.

Por primeira vez uns cans entran na nosa biblioteca!!!

 

 

 

ENTROIDO

08/02/2013 10:00
08/02/2013 14:00
Etc/GMT+1

Este día celebraremos o Entroido.

FESTIVAL DE NADAL 2012

O venres 21 de decembro celebrouse no pavillón o Festival de Nadal.

Os nenos e nenas de cada curso cantaron panxoliñas, os Reis Magos viñeron a recoller as cartas e Papá Noel trouxo un regalo a cada nena e a cada neno. Visitounos un pallaso que fixo pasar un bo momento a todos e sobre todo o profe Manolo que se convertiu no seu axudante. No descanso houbo bocadillos, rosca e bebida.

Foi unha boa despedida do 3º trimestre.


PANXOLIÑAS NA RESIDENCIA VALLE-INCLÁN

Como xa fai algúns anos o noso cole desprázase, no Nadal, á residencia de mallores "Valle-Inclán" para facer un pequeniño recital de panxoliñas.

MAGOSTO

O pasado martes 13 celebramos o Magosto. O tempo foi marabilloso, nos xogos divirtímonos moito e as castañas estaban ricas. 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet