Música
Podcast Equipo A
Narración partido Celta-Sevilla
Podcast New music
Podcast New music
Podcast
Este es el podcast
FESTIVAL DE NADAL
Queridas familias:
Este ano debido a pandemia causada pola COVID-19 non puidemos celebrar o noso festival de Nadal de xeito presencial, por iso, o Claustro de mestres do CEIP San Roque, decidimos crear uns videos coas cancións e panxoliñas que prepararon os nosos nenos e nenas.
Agardamos que vos guste moito!!!!
Moi pronto voltaremos á normalidade, ata entón seguiremos poñendo toda a nosa ilusión e cariño con traballos como este.
Para ver o video a pantalla completa, clicar na palabra Youtube.
Para Infantil, 1º e 2º Primaria. Uxía lambona e a banda molona
Ola rapazada, recordades o disco que escoitabamos en Música: Uxía lambona e a banda molona.
Recordades a canción do tractor? O tolo chimpín, que ben o pasabamos!!!!
Pois para os nostalxicos, déixovos un video deste disco que tan bos ratos nos fixo pasar.
E se quedástedes con ganas, velaí vos vai un máis!!!
Enlace ao vídeo, pincha aquí
E que tedes que facer? Pois gravaros bailando e enviarme o resultado (esta tarefa non é obrigataria)
manoloxalueiro@gmail.com
INSTRUMENTOS
Hoxe visitou o noso cole un mestre da Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra. Mostrounos como se tocaban distintos instrumentos de percusión como a pandereta, as cunchas de vieira, as culleres... e tamén distintas frautas ata chegar á gaita e a gaita electrónica. Uns nenos e nenas do cole tocaron unha pequena peza.