BLOG REPOLUGA

Samaín

 

O Samaín no CEIP San Roque

Este ano o Samaín foi diferente, pero foi divertido, formativo e grazas a todas as familias tamén foi posible apreciar as cabazas feitas nas casa polas nenas e nenos do cole.

Con cada unha das fotos que trouxeron os nosos alumnos montouse un mural conmemorativo:

Queremos agradecer a ANPA os agasallos que prepararon para as nenas e nenos do cole, co que conseguiron que este día fose moito mais doce, foi un bonito agarimo. Grazas!!!

E grazas tamén a todas as familias que colaboraron coa elaboración das cabazas e enviándonos as fotografías.

Aquí tendes o terrorífico vídeo que mostra o bonito que quedou este mural:

 

 

FIN DE CURSO

Ola amiguiñ@s!

Acabo de ler o Faro da Escola, que se publica hoxe co Faro de Vigo, e teño que felicitarvos por seguir aprendendo e superándovos. E tamén ás vosas familias e profesores que fixeron un gran esforzo para adaptarse á nova situación. Eu xa sabía que vós podedes con todo... 

Vou gardar moi ben este Faro da Escola na miña biblioteca para recordar sempre que podemos sacar proveito de tódalas situacións, incluso das máis difíciles, e que os nenos e nenas sabedes moito diso. Bo traballo, colegas! E agora... a disfrutar das vacións que as tendes ben merecidas. Ata pronto!

A vosa Repoluga

05/06/2020

                                                                

GLORIA FUERTES é a poeta dos nenos, ela ensinounos a rimar, a sorrir, a pensar sobre a poesía, a debuxar un neno...

Neste enlace podes coñecela mellor e tamén tes actividades de poesía moi interesantes para que vaias rimando... e pensando!

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/17_primaria_gloria-fuertes/index.html

Coronafichas

ÉRASE UNA VEZ UN CUENTO

Pequeñas historias para los más pequeños

CORONAFICHAS

Para este periodo sin cole por el coronavirus, hemos creado unas divertidas fichas. Están dirigidas a niños y niñas de 5 a 9 años.

Primero debes leer o escuchar el cuento y luego hacer la ficha. Ambos son siempre cortitos.

 

 PINCHA NESTE ENLACE PARA VER OS VÍDEOCONTOS E AS FICHAS

SEMANA DO LIBRO

HOLA A TOD@S!

 

Dende a BIBLIOTECA do CEIP de San Roque queremos celebrar a SEMANA DO LIBRO, facendo as seguintes recomendacións...

 

 

 

Deste xeito, adxuntamos en pdf o libro do "Principiño" para que poidades disfrutar del dende casa.

 

Por outro lado, para os máis pequenos e pequenas, queremos recomendar a sección de contos contados de Kalandraka TV, máis concretamente, para o día de hoxe, seleccionamos "O pequeno indio"

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=4#PD_Paco%20Nogueiras%20-%20O%20pequeno%20Indio

 

Animamos a todos os públicos a entrar na súa páxina web e disfrutar dos seus estupendos recursos! Non vos defraudarán! 

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php

 

FELIZ SEMANA DO LIBRO S TOD@S! 

 

NON DEIXEDES DE SOÑAR!

FARO DA ESCOLA

 

Ola a tod@s!   Faro da Escola, proyecto educativo - Faro de Vigo  

Como sabedes, este curso como os dous anteriores, participamos no proxecto Faro da Escola. Este ano o periódico imos ter que facelo de maneira distinta. Xa vos iremos contando…

 Para seguir traballando Faro da Escola proponvos que entredes na súa páxina   https://www.farodaescola.es/  onde vos ofrece actividades virtuais e propostas de  varios autores.

 Despois de ver os vídeos, e seguindo as instruccións dos autores,  podedes elaborar algún traballo e enviarllo a  escola@farodevigo.es para que publiquen as vosas creacións. Non esquezades poñer os vosos datos e tamén o nome do Colexio.

 Animádevos a preparar e enviar algún traballo, seguro que vos sae  xenial!

 

 

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

Ola a tod@s!Después del Día Mundial del teatro, ¿hay algo que celebrar? | Tam ...

Hoxe, para conmemorar o Día Mundial do Teatro, propoñémosvos algunhas actividades para facer en familia e divertirnos á vez que aprendemos: 

Dramatizar pequenos contos, historias, poemas…

Representar con mímica películas, cancións… para que os demais adiviñen

Adoptar o papel de outra persoa (animal ou cousa) e actuar e comportarse como ela. Verás que divertido!

Hai propostas con ideas moi interesantes para xogar en familia

https://www.youtube.com/watch?v=bgEdeTdOBMI

Que tal si facemos monicreques? Hai tempo, non...? E seguro que tes pola casa materiais que poidas reciclar. Animádevos! Logo podedes representar contos, cancións, poemas... con eles.

https://www.youtube.com/watch?v=XTtlCRRaTdg

Lembrarvos que no “Calendario competencial” da Deputación de Pontevedra (levárono os nen@s para a casa en febreiro) tendes actividades moi interesantes que podedes adaptar para facer en familia.

Ánimo! Na casa tamén podemos disfrutar de moi bos momentos!

E lembrade que sempre estamos aprendendo!

 

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA 2014-2015

Neste enlace podemos atopar algunhas fotos da inauguración da biblioteca.

http://repoluga.blogspot.com.es/2014/11/inauguracion-da-biblioteca.html

Powered by Drupal - Design by artinet