Animación á lectura

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

Ola a tod@s!Después del Día Mundial del teatro, ¿hay algo que celebrar? | Tam ...

Hoxe, para conmemorar o Día Mundial do Teatro, propoñémosvos algunhas actividades para facer en familia e divertirnos á vez que aprendemos: 

Dramatizar pequenos contos, historias, poemas…

Representar con mímica películas, cancións… para que os demais adiviñen

Adoptar o papel de outra persoa (animal ou cousa) e actuar e comportarse como ela. Verás que divertido!

Hai propostas con ideas moi interesantes para xogar en familia

https://www.youtube.com/watch?v=bgEdeTdOBMI

Que tal si facemos monicreques? Hai tempo, non...? E seguro que tes pola casa materiais que poidas reciclar. Animádevos! Logo podedes representar contos, cancións, poemas... con eles.

https://www.youtube.com/watch?v=XTtlCRRaTdg

Lembrarvos que no “Calendario competencial” da Deputación de Pontevedra (levárono os nen@s para a casa en febreiro) tendes actividades moi interesantes que podedes adaptar para facer en familia.

Ánimo! Na casa tamén podemos disfrutar de moi bos momentos!

E lembrade que sempre estamos aprendendo!

 

I CONCURSO LITERARIO "REPOLUGA EDICIÓNS"

Este ano para celebrar o "Día do Libro" imos a participar no I Concurso Literario  " Repoluga Edicións". 

BASES DO CONCURSO:

  • Podes escribir sobre o tema que ti decidas
  • Ten que ter como máximo 200 palabras
  • A data límite de entrega é o 18 de abril do 2018
  • Farase en clase, sen axuda dos teus pais e amigos
  • Participan todos os alumnos e alumnas de Primaria 
  • Gañará un neno ou nena de cada clase
  • O premio será saír no noso xornal "Faro da Escola" e un libro de agasallo
  • As claves para gañar o concurso de literatura son:
    • Ter boa letra e boa presentación
    • Cometer as mínimas faltas de ortografía
    • Elaborar un texto con sentido
    • O relato ten que facerse con imaxinación

 

X.H. RIVADULLA CORCÓN

O pasado luns 22 de abril co motivo da celebración do "Día do Libro" (23 abril) visitou o noso centro Rivadulla Corcón.

Neste enlace podemos ver un pequeno video realizado polo xornal "La Voz de Galicia"

http://www.lavozdegalicia.es/video/arousa/2013/04/22/ninos-colegio-coron-disfrutan-cuento-xh-rivadulla-corcon/00311366628181023912433.htm

Neste enlace o blog da Biblioteca podemos ver unha escolma de fotos dese día

http://repoluga.blogspot.com.es/

HOXE LÉOCHE EU MAÑÁ LESME TI

Dende a biblioteca estase levando a cabo a actividade HOXE LÉOCHE EU MAÑÁ LESME TI, co obxectivo de fomentar a lectura os alumnos vanse contando contos uns a outros .

Neste caso os lectores son dous alumnos de  6º NEREA E PABLO que cos colaboración do equipo da biblioteca prepararon o conto A VACA QUE PUXO UN OVO ,para contarllo a os alumnos de infantil os cales disfrutaron moito da actividade. (Preme na imaxe para ver máis fotos.)


VISITA DE ANXO FARIÑA

 

A visita de ANXO FARIÑA ó CEIP DE SAN ROQUE, FOI UNHA MEZCLA DE MÁXIA E ARTE. CONVERTIU A ANXO DA CLASE DE INFANTIL DE 5 ANOS NUN DRAGÓN E A NEREA PADÍN DE 6º CURSO NUNHA PIRATA, TODO ISTO EN CINCO MINUTOS. ADEMAIS DEMOSTROUNOS, ENTRE RISAS E ARTE, O DIFICIL OU FÁCIL (PARA ALGUNHOS) QUE É DE ILUSTRAR UN LIBRO.O MESMO TEMPO TAMÉN COMENTOU COMO ERA DE DIFICIL ESCRIBIR UN LIBRO E CANTO TEMPO TIÑAMOS QUE EMPREGAR PARA ELO....AHORA IMOS VER ALGUNHAS FOTOS DA VISITA, SI QUEREDES VER MÁIS CLICADE NUNHA DELAS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO NO CEIP SAN ROQUE

  Neste curso 2009/10 o Dia do Libro no CEIP San Roque de Corón, foi celebrado coa exposición de traballos realizados polo conxunto de alumn@s do centro nun taller de poesía que viña sendo realizado ó longo do segundo trimestre.

O proxecto escomenzou coa chegada da maleta viaxeira ó centro chea de poesía (a maleta foi facilitada ó centro por petición do claustro dende o CEFORE), a partir de ahi cada curso. dende os máis pequenos ata os maiores, traballaron a poesía dende diferentes ámbitos (estructura, rima, pareados, retahilas, creatividade, plástica, debuxo...).

Ata en inglés aprenderon de memoria e bailaron os máis pequenos un famoso nursery rhyme, tan típicos na cultura inglesa.

O resultado de todo estre traballo foi exposto no recibidor do centro o día 23 de Abril.

Ó termino da exposición tódolos traballos encuadernados pasarán a formar parte das creacións propias da nosa Biblioteca, onde poderán ser disfrutados por toda a comunidade educativa.

Esperamos que vos gusten!

 O que non ten cabeza ten pés,

a facer versos outra vez.

Menudo traballo bonito

fixeron @s nen@s de Ed. Inf.

 

@s nen@s de 1º de Primaria fixeron tantos pareados que quedaron mareados.

Velaí os tendes!

 

@s nen@s de 2º de Primaria animáronse coas retahilas, e estes son os resultados dun traballo fantástico.

Ben feito amig@s!!!

Antonio Machado e Rafael Alberti serviron de marabilloso exemplo e  inspiración para @s nen@s de 3º de Primaria.

Estas son algunhas das creacións d@s nos@s poetas!!!


O río de Manuel María

non se para con ninguén,

e @s nen@ de 3º,

queren facer versos tamén

Bo traballo compañeir@s!!!!


@s alumn@s de 5º están feitos uns auténticos poetas, despois de ler a Rafael Alberti o mar serviulles de inspiración para facer un traballo excepcional.

NORABOA AMIG@S!!!

Para festexar o "DÍA  DO LIBRO", @s maiores do cole fixeron un conto que recrea a infancia dun "Cervantes" e dun "Shakespeare" moi especiais que ata amigos se fan...

MENUDOS ESCRITORES!!!

Powered by Drupal - Design by artinet