DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

Ola a tod@s!Después del Día Mundial del teatro, ¿hay algo que celebrar? | Tam ...

Hoxe, para conmemorar o Día Mundial do Teatro, propoñémosvos algunhas actividades para facer en familia e divertirnos á vez que aprendemos: 

Dramatizar pequenos contos, historias, poemas…

Representar con mímica películas, cancións… para que os demais adiviñen

Adoptar o papel de outra persoa (animal ou cousa) e actuar e comportarse como ela. Verás que divertido!

Hai propostas con ideas moi interesantes para xogar en familia

https://www.youtube.com/watch?v=bgEdeTdOBMI

Que tal si facemos monicreques? Hai tempo, non...? E seguro que tes pola casa materiais que poidas reciclar. Animádevos! Logo podedes representar contos, cancións, poemas... con eles.

https://www.youtube.com/watch?v=XTtlCRRaTdg

Lembrarvos que no “Calendario competencial” da Deputación de Pontevedra (levárono os nen@s para a casa en febreiro) tendes actividades moi interesantes que podedes adaptar para facer en familia.

Ánimo! Na casa tamén podemos disfrutar de moi bos momentos!

E lembrade que sempre estamos aprendendo!

 

Powered by Drupal - Design by artinet