Skip to Content

4 anos

DIVERTÍMONOS COAS BICIS

 

 

   

       

 

      

FELICIDADES DANA!!!

 Dana cumpriu anos en vacacións pero como estivo enferma celebrámoslle  hoxe o aniversario. Trouxo dous biscoitos que fixeron entre ela e a súa nai e, como era moito, compartimos cos nosos compis as "toupiñas".


BRAIS TROUXO CÁGADOS

Hoxe Brais amosounos uns cágados que trouxo a clase e despóis deixámolos na charca das rás.

 

PARABÉNS, ALLAN!

Hoxe celebramos o aniversario de Allan, que cumpriu anos nas vacacións de Semana Santa.

GAÑAMOS UNHA MEDALLA!!!

Competimos nas olimpiadas do SPV. Saltamos a corda e gañamos a 2ª medalla para o noso medalleiro. 

 

Xa temos a medalla de bronce e a de prata. Agora imos a pola de ouro!!

RECITAMOS !!!

Hoxe, os alumnos de 4º de primaria recitáronnos o conto

<¿De quién es este rabo?>

 

Logo, os gatiñ@s recitámoslle a eles a poesía que aprendemos coa  teacher Conchi.

VISITA Á BIBLIOTECA DO ÁGORA

Hoxe as toupiñas visitamos a biblioteca do Ágora, onde coñecimos a Ole, un paxariño que é a súa mascota, e contáronnos e vimos  algúns contos e ata nos deixaron levar unha maleta chea de libros para contar en clase.

 

NA PROCURA DOS OVOS DE PASCUA

Hoxe na clase de inglés fixeron un xogo no que tiñan que atopar ovos de Pascua agochados polo patio.

PLANTANDO LEITUGAS

OS GATIÑ@S VISITAN O MUSEO DE BELAS ARTES!!

A actividade titulábase "O que levamos na maleta". A partires dunha pequena historia, na que a protagonista era unha nena chamada Carolina, miramos algunhas obras e os gatiñ@s expresaron o que lles transmitían. A verdade é que o fixeron moi ben, tanto que a educadora do museo felicitounos. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut