Skip to Content

4 anos

PARABÉNS, OLALLA!

Onte celebramos o aniversario de Ollalla.

Parabéns!

PARABÉNS. ROSALÍA!

Hoxe celebramos o aniversario de Rosalía, que nos trouxo un biscoito e regaloulles unhas pulseiriñas preciosas.

Parabéns!

CLASIFICAMOS ALIMENTOS

Xogamos a clasificar alimentos en cestas. Temos cestas de froitas, hortalizas, lácteos, peixes e carnes.

 

 

TINGUIMOS PASTA PARA FACER COLARES

Como estamos co tema dos alimentos, aproveitamos para tinguir pasta e, con ela, facer colares e pulseiras.

 

        

        

        

PINTANDO CON ACUARELAS

ESCAPE ROOM DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe fixemos un escape room no patio, onde tivemos que pasar varias probas e segundo as íamos pasando, obtíamos unha peza dun quebracabezas de Florencio Delgado, o homenaxeado deste ano no día das letras galegas.

E conseguímolo!

 

 

PARABÉNS, DIEGO E MARTÍN!!

Hoxe celebramos os aniversarios de Diego e Martín, que nos trouxeron unha empanada enorme que compartimos coa clase dos gatiños.

 

VISITAMOS A HORTA

Onte, tamén visitamos a horta para ver como van os nosos  porros e as nosas leitugas.

 

Aínda temos que agardar un pouquiño...

VISITA DO GRUPO NATURALISTA HÁBITAT

O xoves visitounos o grupo Hábitat para falarnos das aves, xa que era o Día Mundial das Aves Migratorias. Mostrounos casetas, plumas e niños de distintas aves. Tamén poidemos observar os paxariños que viven no noso patio!!! Vimos unha lavandeira, unha pomba, pegas e pardais. Tamén había un paporroibo facendo o seu niño.

 

BRAIS TROUXO RAS

Brais trouxo unhas ras que logo deixamos na charca do cole.

Distribuir contido


by Dr. Radut