Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Febreiro 13, 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
13
14
all day

Asistimos á representación de "Estamos no verán", no Auditorio Municipal de Ourense e dentro da programación para escolares de "Afundación".

all day

Seguindo a estreita colaboración que mantén o colexio coa Mancomunidade Terras de Celanova, e afianzando os bos hábitos saudables e hixiénicos, recibimos unha vez mais a visita de Lucas, que é parte da familia do CEIP "San Marcos", realizando unhas sesións moi instructivas para @s nen@s do colexio.

 

all day

Manuel María, autor ao que se lle adican as Letras Galegas 2016, xa forma parte da nosa galería de escritores e escritoras galeg@s recoñecidos con esta distinción.

Ademáis da pegada da súa caricatura coñecimos un pouco mais da súa vida e obra.

 

 

all day

Conmemorando o seu 15 aniversario Mamá Cabra presentou no Auditorio Municipal de Ourense o seu espectáculo "Mamá Cabra 15 Primaveras". E os mais pequen@s do colxio non nos quixemos perder a estrea!

all day

Co que nos gusta o teatro, non podiamos deixar de participar nos XXI Encontros de Teatro Escolar e Amateur de Bande.

Nesta ocasión baixo a dirección de Cris, monitora da actividade extraescolar de Teatro, patrocinada pola ANPA, presentamos unha versión moi especial do conto de Carrapuchiña Vermella.

Foi todo un éxito!

all day

O uso das novas tecnoloxías é algo que facemos a diario. Internet é unha inmensa rede chea de contidos moi interensantes, pola que hai que saber transitar pois non tódolos lugares da rede son "seguros".

Para iso, e orientada aos mais maiores do cole, fíxose a actividade "Navega con rumbo". Para que nen@s sexan coñecedores das boas e seguras prácticas que temos que ter na internet, co uso de novas tecnoloxías, redes sociais...

all day

Moi pretiño de Lalín están gardados moitos e prezados tesouros da nosa historia. Estamos a falar de "A Casa do Patrón", un museo etnográfico moi amplo cunha extensísima colección de pezas, moitas delas moi singulares e algunhas moi, moi, moi antigas!

Ademáis da visita realizamos un obradoiro de barro co que creamos unhas pequenas cuncas que quedaron moi chulas!

15
16
all day

Unha vez máis, e dentro da programación da asignatura de Educación Física, as bicicletas voltaron ao colexio.

Tanto nos patios para os mais pequenos, coma nas pistas cercanas ao centro para os mais maiores, as bicis rodaron estupendamente.

Start: 16/02/2017 14:27

Co ánimo de pasar unha xornada inesquecible, e ao tempo que conmemoramos na Semana das Letras a Manuel María, realizamos o Festival das Letras Galegas ao cal convidamos aos nos@s amig@s e compañeir@s do CEIP de Ramirás.

Ademáis dos obradoiros e os momentos de convivenza desfrutamos de distintas actuacións protagonizadas polo alumnado do centro.

Start: 16/02/2017 14:36

Xa son 6 as edicións desta convivencia que xunta ao alumnado dos centros que integran a Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización da Língua da Comarca Terras de Celanova- Baixa Límia.

Nesta ocasión, os arredores de Celanova foron os protagonistas da xuntanza. Partindo dende o CEIP "Curros Enrríquez" de Celanova, pasando por Vilanova dos Infantes e rematando nas fabulosas fragas que dispomos na comarca, non faltaron as risas, os contacontos, as historias...

17
Start: 17/02/2017 12:00

BENVID@S AO CURSO 2016-2017!!!

18
19
Distribuir contido


by Dr. Radut