Skip to Content

Menú outubro

Novidades na entrada da nosa biblio

PREMA AQUÍ PARA ACCEDER AOS DOCUMENTOS

Menu mes de setembro

PERÍODO DE ADAPTACIÓN INFANTIL

O alumnado de 3 anos de 4º de educación infatil terá estes días o periodo de adaptación seguindo este horario:

 

 

ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES VOLUNTARIOS PARA O COMEDOR ESCOLAR

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

 

Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

Nos documentos adxuntos está o anuncio da apertura para presentarse como colaborador/a de comedor escolar e a ficha que haberá que cubrir e entregar no centro.

 

Bolsa de Comedor - DATOS RENDA

Adxunto publicamos o Modelo de Autodeclaración e Especificacións para o cálculo do custe diario do servizo de comedor.

O prazo de entrega remata o 20 de setembro de 2021.

Tamén podedes recollelo xa impreso no colexio ( SEMPRE CON CITA PREVIA ).

PODEN CALCULAR NESTA APLICACIÓN DA XUNTA:

- Se os pais/nais presentaron a renda por separado teñen que escoller a opción. Xa que, por defecto aparece a renda conxunta.

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

Formalización de matrícula para o curso 2021/2022

PRAZO DE PRESENTACIÓNENTACIÓN

  • O alumnado de educación infantil e primaria admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 28 xuño de  de xuño ata o 9 de xullo ambos incluídos, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

  • CON CITA PREVIA (988 48 41 46 / 644 82 00 15) Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.

  • Os Impresos pódense descargar, cubrir e imprimir nas ligazóns que, ao efecto aparecen nesta páxina. TAMÉN SE ACEPTAN POR EMAIL.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

SE XA SE ENTREGARON ALGÚN DOS DOCUMENTOS NA RESERVA DE PRAZA, NON É PRECISO VOLVER TRAELOS:

  • Impreso de formalización da matrícula. VER ANEXOS

  • Fotocopia libro de familia.

  • Certificación de empadroamento expedida polo Concello. (Só no caso de non autorizar á Consellería de Cultura, Educación e O.U, para que poida consultar os datos de residencia do solicitante).

  • Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria.

  • Fotocopias dos Documentos Nacionais de Identidade dos pais ou titores legais e do alumno/a en caso de telo.

  • No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

  • Informe médico no que conste que, desde o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario.

  • Manifestación expresa do pai/nai ou titor/a legal da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanzas de relixión. ANEXOS
  • Impreso para a informatización de datos persoais, familiares e outros. ANEXOS

  • Dúas fotografías do alumno/a tamaño carné.

  • Cuestionario sobre a lingua materna, para as familias do alumnado que se matricule do 1º ano do 2º ciclo de Educación Infantil. ANEXOS

 

ACCESO AOS DOCUMENTOS PARA CUBRILOS E LOGO IMPRIMILOS

 

  • Formalización da matrícula (en galego, si lo desea en castellano, solicítenlo).

  • Opción sobre o ensino ou non da Relixión.
  • Informatización de datos persoais, familiares e outros.

  • Cuestionario sobre a lingua materna para as familias do alumnado de Educación Infantil.

 

 

PARABÉNS AOS GRADUADOS

FESTA FIN DE CURSO

 
 
 
View this post on Instagram

A post shared by CEIP San Marcos de Cartelle (@ceipsanmarcos)

 

 

 
 
 
View this post on Instagram

A post shared by CEIP San Marcos de Cartelle (@ceipsanmarcos)

 

 

 
 
 
 
View this post on Instagram

A post shared by CEIP San Marcos de Cartelle (@ceipsanmarcos)

EXPERIMENTOS INFANTIL

Menú XUÑO

Solicitude vale de material e fondo libros

1ºFONDO SOLIDARIO (BANCO DE LIBROS)
Quen pode solicitar a axuda?
Os pais/nais/titores/as do alumnado que durante o curso 2021/2022 se matricule en
ensinanzas de Ed. PRIMARIA. Os impresos de solicitude van polos nenos/as.
Tamén están en na web do colexio. Tamén se poderá presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento habilitado para tal efecto.

2ºAXUDAS PARA ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR
Quen pode solicitar a axuda?
Os pais/nais/titores/as do alumnado que durante o curso 2021/2022 se matricule en
calquera dos cursos de PRIMARIA. O importe da axuda será de 50€ e os solicitantes non deberán sobrepasar os 6.000€ de renda per cápita (Renda do 2019).

Que documentación hai que presentar xunto coa solicitude?
-Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade
familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a día 31 de
decembro de 2019 non coincida coa reflectida no libro, deberán presentar:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.

Onde se presenta a solicitude? Prazos.
-A solicitude, unha vez cuberta e asinada polos membros da unidade familar, presentaráse na Secretaría do centro. No caso de ter dous ou máis fillos matriculados no centro presentaráse unha única solicitude incluíndo todos os alumnos.
O prazo de presentación será do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021, ámbolos
dous inclusive.

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS CASTAÑO

Saída áo río Gato

Distribuir contido


by Dr. Radut