Con motivo da celebración do Día dos Museos, estivemos no Museo Etnolóxico de Ribadavia, ao tempo que aproveitamos para visitar a vila e os seus arredores.
Fantástica xornada a que pasamos en Leiro. Nun espazo natural realizamos diversas actividades lúdicas que tiveron o seu prato forte nas primeiras horas da tarde coas esferas e as canoas no río Avia.
Realizamos a IV convivencia da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinzamización da Lingua Galega Terra de Celanova - Baixa Limia.
Nesta ocasión o IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova organizou un roteiro dende as portelas de Verea ata Celanova.
Na andaina e posterior tempo de almorzo e lecer estivemos xunto con compañeiros do IES de Celanova, IES de Bande, e os Ceips de Bande, Muiños e Entrimo.
Ademáis de percorrer parte do pobo de Cartelle, os alumnos e alumnas de Ed. Infantil realizamos unha visita moi especial: a panadería do pobo! Alí coñecemos os segredos do pan tan saboroso que comemos a diario no colexio.
A Semana das Letras Galegas veu cargadiña de actividades.
Non faltaron as saídas ao teatro, estivemos no Auditorio Municipal de Ourense desfrutando coa obra "Trogloditas" e participamos nos XIX Encontros de Teatro de Bande coa obra "O Dilema do 6".
Coñecemos con detalle ao homenaxeado Xose María Díaz Castro e, por suposto! ampliamos o noso mural de escritores galegos!
Durante dez días tivemos no colexio a exposición itinerante de traballos sobre as árbores realizadas na Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de celanova - Baixa Limia.
Xunto con outr@s compañeir@s de outros centros pertencentes a Coordinadora Comarcal de Normalización e Dinzamización Lingüística Terra de Celanova - Baixa Limia, estivemos no IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro mostrando e coñecendo os distintos traballos feitos sobre as árbores da comarca. Ademáis como a mostra é itinerante agardámola para moi pronto no noso colexio.
Un ano mais recibimos a visita no colexio dos técnicos e dos axentes forestais, que nos recordaron e ensinaron cousas moi importantes para a conservación e a protección do fantástico medio natural no que vivimos.
Nun pasiño mais da nosa andaina coa Mancomunidade Terras de Celanova, nesta ocasión grazas ao operativo de Bombeiros, realizamos un simulacro de evacuación do Centro.
Previamente unha interesante charla permitíunos tomar nota dos riscos dos lumes e o que hai que facer ante un incendio.