Skip to Content

Secretaría

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro desde o 15 de xaneiro de 2024 ata o 5 de febreiro 2024.

A presentación da solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

 

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:


Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: 

  • Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. 
  • Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”.
  • Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións.
  • Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente.
  • Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

 3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se se desexa cubrir manualmente aquí tendes os enlaces aos documentos:

SOLICITUDE DE RESERVA GALEGO

SOLICITUDE DE RESERVA CASTELÁN

 

 4. Cubrir a solicitude presencialmente no centro: 

  • Acudir ao centro.



IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

 

Toda esta información podedes atopala en:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023 2024

MATRICULA: ADMITIDOS

Tralo prazo ordinario de matrícula, todo o alumnado que presentou a solicitude no centro foi admitido.

 

Unha vez sea necesario formalizar a matrícula e presentar a documentación, seredes informados persoalmente.

 

GRAZAS

Cartelería COVID - Xunta

     

PERIODO ADAPTACION 4º E.I.

CALENDARIO MERENDAS SAUDABLES

NOVAS INICIO CURSO 20-21 (revisade os adxuntos)

INICIO CURSO 2020-2021

PRAZO DE MATRÍCULA - NOVOS ALUMNOS

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR

LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN 2020-2021

NOVA IMPORTANTE - Listaxe provisional admisión alumnado

Distribuir contido


by Dr. Radut