Skip to Content

1º MANDADIÑO DA ELFA DODDY

Son Sir Nicholas de Minsmy-Porpintong, aínda que me coñecen tamén co nome de "Nick Case-Decapitado".

Traiovos o primeiro mandandado que teredes que cumplir o luns para poder liberar a nosa Elfa Doddy.

Así que atendede ben: 

"O LUNS POÑEDE NA CABEZA

ALGO RELACIONADO COA NATUREZA"

MENÚ GRAN COMEDOR FEBREIRO 2024

RESERVA DE PRAZA NO INSTITUTO

Está aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro desde o 15 de xaneiro de 2024 ata o 5 de febreiro 2024.

A presentación da solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

 

1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:


Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: 

  • Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. 
  • Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”.
  • Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións.
  • Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente.
  • Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

 3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

Se se desexa cubrir manualmente aquí tendes os enlaces aos documentos:

SOLICITUDE DE RESERVA GALEGO

SOLICITUDE DE RESERVA CASTELÁN

 

 4. Cubrir a solicitude presencialmente no centro: 

  • Acudir ao centro.



IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

 

Toda esta información podedes atopala en:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

MENÚ GRAN COMEDOR XANEIRO 2024

REUTILIZAMOS PELOTAS DE TENIS OU PADEL

MENÚ GRAN COMEDOR DECEMBRO 2023

ORIENTA FAMILIAS: USO DAS PANTALLAS

MENÚ DE NOVEMBRO

CÓMO ENCENDER LA CHISPA DEL APRENDIZAJE

ORIENTA FAMILIAS

MENÚ DE OUTUBRO

MENÚ SETEMBRO 2023

MENÚ MÉRCORES 13 DE SETEMBRO DE 2023

PÓCIMAS SAUDABLES DE MEDIA MAÑÁ

MENÚ DO COMEDOR LUNS 11 SETEMBRO 2023

Nuns días colgarase o menú completo do mes de setembro!

Distribuir contido


by Dr. Radut