Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Febreiro 14, 2017

Asistimos á representación de "Estamos no verán", no Auditorio Municipal de Ourense e dentro da programación para escolares de "Afundación".

Seguindo a estreita colaboración que mantén o colexio coa Mancomunidade Terras de Celanova, e afianzando os bos hábitos saudables e hixiénicos, recibimos unha vez mais a visita de Lucas, que é parte da familia do CEIP "San Marcos", realizando unhas sesións moi instructivas para @s nen@s do colexio.

 

Manuel María, autor ao que se lle adican as Letras Galegas 2016, xa forma parte da nosa galería de escritores e escritoras galeg@s recoñecidos con esta distinción.

Ademáis da pegada da súa caricatura coñecimos un pouco mais da súa vida e obra.

 

 

Conmemorando o seu 15 aniversario Mamá Cabra presentou no Auditorio Municipal de Ourense o seu espectáculo "Mamá Cabra 15 Primaveras". E os mais pequen@s do colxio non nos quixemos perder a estrea!

Co que nos gusta o teatro, non podiamos deixar de participar nos XXI Encontros de Teatro Escolar e Amateur de Bande.

Nesta ocasión baixo a dirección de Cris, monitora da actividade extraescolar de Teatro, patrocinada pola ANPA, presentamos unha versión moi especial do conto de Carrapuchiña Vermella.

Foi todo un éxito!

O uso das novas tecnoloxías é algo que facemos a diario. Internet é unha inmensa rede chea de contidos moi interensantes, pola que hai que saber transitar pois non tódolos lugares da rede son "seguros".

Para iso, e orientada aos mais maiores do cole, fíxose a actividade "Navega con rumbo". Para que nen@s sexan coñecedores das boas e seguras prácticas que temos que ter na internet, co uso de novas tecnoloxías, redes sociais...

Moi pretiño de Lalín están gardados moitos e prezados tesouros da nosa historia. Estamos a falar de "A Casa do Patrón", un museo etnográfico moi amplo cunha extensísima colección de pezas, moitas delas moi singulares e algunhas moi, moi, moi antigas!

Ademáis da visita realizamos un obradoiro de barro co que creamos unhas pequenas cuncas que quedaron moi chulas!

Xoves Febreiro 16, 2017

Unha vez máis, e dentro da programación da asignatura de Educación Física, as bicicletas voltaron ao colexio.

Tanto nos patios para os mais pequenos, coma nas pistas cercanas ao centro para os mais maiores, as bicis rodaron estupendamente.

Start: 16/02/2017 14:27

Co ánimo de pasar unha xornada inesquecible, e ao tempo que conmemoramos na Semana das Letras a Manuel María, realizamos o Festival das Letras Galegas ao cal convidamos aos nos@s amig@s e compañeir@s do CEIP de Ramirás.

Ademáis dos obradoiros e os momentos de convivenza desfrutamos de distintas actuacións protagonizadas polo alumnado do centro.

Start: 16/02/2017 14:36

Xa son 6 as edicións desta convivencia que xunta ao alumnado dos centros que integran a Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización da Língua da Comarca Terras de Celanova- Baixa Límia.

Nesta ocasión, os arredores de Celanova foron os protagonistas da xuntanza. Partindo dende o CEIP "Curros Enrríquez" de Celanova, pasando por Vilanova dos Infantes e rematando nas fabulosas fragas que dispomos na comarca, non faltaron as risas, os contacontos, as historias...

Venres Febreiro 17, 2017
Start: 17/02/2017 12:00

BENVID@S AO CURSO 2016-2017!!!

Domingo Febreiro 26, 2017
Start: 26/02/2017 13:40

Como todos os anos, pola conmemoración do Samaín, os nenos e nenas de Cartelle visitamos aos nosos amig@s de Ramirás, convivindo con eles durante un día no que cantamos, xogamos e ata comemos xuntos un xantar monstruoso!!!

Sábado Marzo 04, 2017
Start: 04/03/2017 10:49

CHEGOU O SAMAÍN A RAMIRÁS... QUE MEDO!!!!!

Como cada ano, pola conmemoración do Samaín, os nenos e nenas de Cartelle visitamos aos nosos amig@s de Ramirás. Neste día, xogamos, bailamos, cantamos, convivimos, desfrutamos dun xantar monstruoso e.... mesmo pasamos algo de medo!!!

 

Start: 04/03/2017 11:29

CHEGOU O SAMAÍN A RAMIRÁS...QUE MEDO!!!!

Como todos os anos, os nenos e nenas de Cartelle, pola conmemoración do Samaín, visitamos aos nosos amig@s de Ramirás. Neste día, xogamos, cantamos, bailamos, convivimos, desfrutamos dun xantar monstruoso e... mesmo pasamos algo de medo!!!!

HORARIO DE TITORIAS

O horario de titoría co profesorado titor no curso 2019 - 2020 son os mércores de 14.55h h a 15.55 h.

Prégase avisar con antelación aos titores e titoras para poder preparar as titorías axeitadamente.

De non ser posible asistir neste horario, o profesorado titor adaptarase, na medida do posible, á situación de cada familia, sempre e cando se avise con antelación.

Start: 04/03/2017 12:39

ÍMOS A MUÍÑOS CO DEPORTE ESCOLAR!!!

Grazas ao programa "Deporte Escolar", os nenos e nenas de Cartelle , de 2º a 6º de primaria, visitamos Muíños o día 30 de novembro.

Alí desputamos unha carreira conxunta co alumnado dos outros centros educativos da nosa zona. Os nenos e nenas de 1º acompañaron aos seus compañeir@s do centro para animalos nesta gran carreira.

Start: 04/03/2017 14:28

DÍA DO PEÓN 2016!

Como todos os anos, a asociación "Brinquedia" convoca a celebración do día do peón.

Con esta festa, celebrada o día 11 de novembro, preténdese manter tradicións e que os nenos e nenas brinquen e bailen cos seus peóns.

 

 

 

Start: 04/03/2017 14:46

MAGOSTO!!

Como non podía ser doutro xeito... chegou o Magosto!!! E no colexio de Cartelle, festexamos esta conmemoración con xogos populares á mañá e con castañas e festa á tarde. Que ben o pasamos tod@s!!!

 

 

Start: 04/03/2017 14:59

CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza todos os anos a carreira pedestre popular do San Martiño. Na modalidade escolar, este ano participou do cole o noso compañeiro Martín, a quen queremos felicitar pola súa medalla! Parabéns!!!

Start: 04/03/2017 16:58

HORARIOS DO CENTRO

Nos meses de xuño e setembro, o CEIP San Marcos ten xornada contínua, co seguinte horario:

Sorriso HORARIO XORNADA CONTÍNUA
1ª Hora   10:00h - 11:00h
2ª Hora 11:00h - 11:45h
3ª Hora 11:45h - 12:30h
RECREO 12:30h - 13:00h
4ª Hora 13:00h - 13:45h
5ª Hora 13:45h - 14:30h
COMIDA 14:30h - 15:45 h

 

O resto do curso, o centro ten xornada partida, co seguinte horario:

Sorriso HORARIO XORNADA PARTIDA
1ª Hora 10:15h - 11:05h
2ª Hora 11:05h - 11:55h
Hora de ler 11:55h - 12:15h
RECREO 12:15h -12:45h
3ª Hora 12:45h - 13:35h
4ª Hora 13:35h - 14:25h
COMIDA 14:25h - 15:55h
5ª Hora 15:55h - 16:45h

 

 

Domingo Marzo 12, 2017
Start: 12/03/2017 12:00

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!

O Nadal está chegando e no CEIP San Marcos comezamos a desfrutalo facendo un concurso de postais de Nadal.

Foi difícil facer a selección, xa que tod@s fixestes unhas postais moi bonitas, mais este ano debemos felicitar a Iker (de 1º) e a Darío (de 5º), xa que as súas postais foron as gañadoras. Parabéns rapaces!!

 

 

Start: 12/03/2017 12:34

FESTIVAL DE NADAL 2016

Start: 12/03/2017 12:37

FESTIVAL DE NADAL 2016

 

 

 

Start: 12/03/2017 12:38

DÍA DA PAZ 2017

O 30 de xaneiro de cada curso celébrase o"Día escolar da non violencia e da paz", coincidindo así co aniversario do falecemento de Mahatma Gandhi

Aínda que a paz e algo que debemos poñer en práctica todos os días do ano, non está mal recordar a súa importancia. 

Por iso, este ano decidimos facer un "Mannequin Challenge" especial, con escenas propias dún día como este. Nós pasámolo moi ben facendo este vídeo, esperamos que vos guste tanto como a nós.

 

Start: 12/03/2017 13:05

SorrisoCLASIFICACIÓN NA CARREIRA DE MUÍÑOS

Dende o centro, queremos felicitar a Darío (5º de primaria) pola súa clasificación na carreira de Muíños. Esa carreira permitiulle competir con todos os clasificados en Monterrei. Felicidades Darío!!

Start: 12/03/2017 13:21

 

ENTROIDO 2017 - O FONDO DO MAR

Xa está aquí o entroido e, despois dunha semana seguindo as ordes da meca, por fin o venres nos disfrazamos coa temática deste ano: o fondo do mar. Moita música, baile e chocolate, nun día

no que nen@s e profes desfrutamos disfrazándonos. Que ben o pasamos!!!

 

 

 

Start: 12/03/2017 14:07

CHARLA DA MANCOMUNIDADE SOBRE HÁBITOS SAUDABLES

Esta semana viñeron ao noso centro Lucas e Sara a falarnos de hábitos de vida saudables. Agora temos que aplicar todo o que nos explicaron. Mans á obra!

 

 

Xoves Marzo 16, 2017
Start: 16/03/2017 20:47

ÍMOS AO TEATRO PARA VER "MAMÁ CABRA"

O luns 13 de marzo, os nenos e nenas de educación infantil e de primeiro e segundo de primaria saimos do cole para ver o espectáculo de "Mamá Cabra", un grupo galego de teatro infantil que mestura o teatro coa música. Gustounos moito e aquí deixamos unhas fotos de recordo. Pasámolo moi ben!!


 

Distribuir contido


by Dr. Radut