Enviamos tarefas para a 1ª semana de xuño. Esta será a penúltima semana que
propoñeremos tarefas. Deixaremos a última semana do curso para recibir todas
aquelas tarefas que foron quedando atrasadas. A entrega de notas será o 19 de xuño
e tamén ese día será o comezo das vacacións, ben merecidas, por certo.
Polo tanto facede un último esforzo para dar o mellor de vós porque esto se acaba.
Traballástedes moi ben, con moito ánimo, e ides seguir facendoo este último tempo que queda, a que si?.
CIENCIAS SOCIAIS
Imos intentar mirar unha táboa de datos e ser quenes de comprendela.(en adxuntos)
Tamén estas actividades online
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363685103/contido/traballo_servizos.html
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1363685579/contido/traballos.html
CIENCIAS NATURAIS
Seguimos facendo algunhas actividades do Tema 6.- Os materiais( en adxuntos)
LENGUA ESPAÑOLA
Dámoslle un último repaso ao Tema 8 ( en adxuntos)
LINGUA GALEGA
Introducimos os pronomes persoaos (en adxuntos)
MATEMÁTICAS
Imos practicar as operacións con medidas de capacidade e unha primeira aproximación ás medidas de masa.(en adxuntos)
PLÁSTICA
Mentres esperamos que sequen as medallas, propoñemos unha nova actividade. Vamos, artistas!!
VALORES
O día 5 conmemoramos o Día Internacional do Medio Ambiente. Seleccionamos un video para reflexionar e intentar facer algo polo planeta Terra.
Recordade que todo o que non podades ou non querades facer no ordenador podedes facelo na libreta ou folio aparte, coma sempre, sen necesidade de copiar os enunciados.
Que teñades moi boa semana e sempre á vosa disposición para o que necesitedes.