Estimadas familias de 4º de EI,
O profesorado e o equipo directivo queremos darvos a benvida ó centro e desexarvos un feliz curso escolar.
O vindeiro martes día 6 de setembro, de 12:00 a 13:00 horas, teredes unha reunión cas titoras nas aulas asignadas a 4ºEI, na que se trasladará información importante e se aclararán as dúbidas que poidan xurdir.
En arquivos adxuntos figuran os horarios dos grupos. As listaxes de cada clase pódense consultar no taboeiro interior do centro.
Recibide un cordial saúdo