Skip to Content

Admisión e matrícula

MATRÍCULA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2022-2023

Comunicamos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o curso 2022-2023 deberá formalizar a súa matrícula entre os días 20 e 30 de xuño. 

Se finalizado este prazo non a tivese formalizado, decaeralle o dereito á mesma.

A documentación que deberá presentar é: 

  • Impreso de matrícula

  • Autorizacións

  • 4 fotografías tamaño carné.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria actualizada da alumna ou alumno. 

  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador no que conste a custodia da ou do menor.

Lembramos que, unha vez realizada a matrícula, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil.

O día 28 de xuño, ás 13:00 h, terá lugar unha reunión presencial cas familias de 3 anos previa inscrición no teléfono 881960989 (Indicar asistencia ao realizar a matrícula).

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023. DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA.

Prezadas familias,

Informamos aos solicitantes de praza no proceso de admisión de alumnado do curso 2022-2023 para o CEIP San Francisco Javier que, tras determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, é preciso baremar todas as solicitudes para Educación Infantil e para Educación Primaria.

A documentación xustificativa dos criterios de baremo entregarase na administración do centro do 24 de marzo ao 6 de abril, no horario de 09:15 a 11:30 e de 12:00 a 13:30 h.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

MATRÍCULA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021/2022

Comunicamos que o alumnado admitido no CEIP San Francisco Javier para o vindeiro curso 2021/2022, deberá formalizar a súa matrícula entre o 20 e 30 de xuño. 

Se finalizado este prazo non tivese formalizado ésta, teráselle por decaído o dereito á mesma.

A documentación que deberá presentar é a seguinte: 

Lembramos que unha vez matriculado o alumno-a, a familia deberá darse de alta na aplicación abalarmóbil

O día 28 de xuño, ás 13:00 h, terá lugar unha webinar  (CISCO WEBEX) cas familias de 3 anos previa inscripción no  teléfono: 881960981.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22. PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

Informamos que están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/22 .

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro dentro do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2021/2022

Hoxe, día 19 de abril de 2021, procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022.
Estas listaxes pódense consultar no taboleiro dentro do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de reclamacións ás listaxes estará aberto desde mañá día 20 ata o 26 de abril de 2021, ás 13:30 horas na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30.

As reclamacións resolveranse coa publicación das listaxes definitivas antes do 15 de maio. A súa publicación comunicarase a través da web do centro.
O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/2022

PRAZO: DO 1 DE MARZO ATA O 22 DE MARZO

PRESENTACIÓN SOLICITUDES: 

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro. 
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica .

SOLICITUDE

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR XUNTO COA SOLICITUDE: 

  • Copia DNI, Libro de familia ou documento acreditativo do requisito de idade do alumno-a
  • Certificado empadronamento actualizado.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio de ser o caso.
  • Calquer outra documentación xustificativa para acreditar a puntuación.

HORARIO ADMINISTRACIÓN: 9:15 A 11:30 E DE 12:00 A 13:15. LUNS POLA TARDE DE 16:00 A 18:30.

Só poderá acceder ó centro unha persoa por solicitude. Lembramos a importancia de cumprir e respetar todas as medidas do protocolo sanitario actual. 

INSTRUCIÓNS E VACANTES 

CRITERIOS DE VALORACIÓN

CRITERIO COMPLEMENTARIO

MAPA DE ZONAS

RESOLUCIÓN  RESULTADO LETRAS DESEMPATE

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Estimadas familias, 

Comunicamos que este ano, debido á situación sanitaria que estamos a vivir,  realizaremos a xornada de portas abertas online, nunha reunión virtual/webinar o luns  8 de marzo ás 17:00 horas a través da plataforma Cisco Webex.

Nesa sesión facilitarase información importante do centro: proxecto educativo, horarios, recursos, actividades, infraestructuras e finalizarase cunha rolda de preguntas. 

As familias que estén interesadas en participar na mesma, deberán inscribirse previamente chamando ó número de administración do centro: 881960981 en horario de mañá. A ligazón para poder asistir será enviada o venres día 5 de marzo ó correo electrónico facilitado. 

Agradecemos de antemán a súa participación, colaboración e interese por formar parte da nosa comunidade educativa. Aproveitamos a ocasión para enviarlles un afectuoso saúdo.

O Equipo Directivo

RESERVA DE PRAZA INSTITUTO ALUMNADO DE 6º EP

Iniciase do procedemento de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

A atención das nais, pais e titores-as legais do alumnado de 6º de EP

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B) e da ORDE da Consellería do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos , e modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017  Comunicamos o seguinte:

       1. O CEIP San Francisco Javier está adscrito ao IES Monelos

      2. O noso alumnado ten prioridade para matricularse neste Instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros de primaria non adscritos. Isto non quere dicir que se obteña praza. A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

       3. O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

   4. Toda a información e manuais está publicada na páxina da Consellería de Educación en admisionalumnado

      5. A presentación da solicitude pode ser no centro ou a través da Sede Electrónica ou chave 365 

a. Se opta pola presentación no centro o alumnado deberá entregar a solicitude ó seu titor-a antes entre o 11 de xaneiro e 8 de febreiro.

Pode cubrir a solicitude en línea e despois imprimila: 

SOLICITUDE ED550A

        b. Se opta por cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica deberá seguir os

        pasos indicados pola Consellería  na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

  1. O alumnado de sexto curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como anexo II da citada Orde do 12 de marzo, modelo de impreso que se pode retirar na conserxería deste Centro a partires de marzo ou na web da Consellería. 
  2. A reserva no IES Monelos adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación dunha solicitude de admisión noutro centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  3. O alumnado ADMITIDO deberá formalizar a matrícula no instituto entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. 

IMPORTANTE: ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021

Recordamos ás familias solicitantes de plaza no proceso de admisión do alumnado do curso 2020-2021 para o CEIP San Francisco Javier, que ó haber máis solicudes que prazas ofertadas polo colexio é preciso baremar todas as solicitudes presentadas tanto en EDUCACIÓN INFANTIL como en EDUCACIÓN PRIMARIA.

Informamos que se alguén ten pendente de entregar algunha documentación acreditativa dos criterios alegados, o prazo remata o día 26 de maio ás 13:00 horas. 

Asimesmo, lembramos que si a data de alta na vivenda que figura no padrón é inferior a un ano, débese acreditar o domicilio achegando, no prazo indicado: 

  • contrato de aluguer ou escritura de compraventa da vivenda
  • contratos de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión 

A documentación acreditativa pendente entregarase na secretaría do colexio, no horario  de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas), entre os días 20 e 26 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut