Skip to Content

1º Ciclo de Ed. Primaria

TAREAS SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Ola a todos e todas! Achegamos as actividades para esta semana.

Recordade que só é necesario enviar os diarios e opcionalmente as fichas de valores e a de lectura. 

 Agardamos que todos e todas esteades ben.

Un saúdo.

As titoras de 2º.

 

PROPOSTA DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

Esta semana chega unha proposta por parte do equipo de dinamización de lingua galega.

No mes de maio celebramos o día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero, autor de poesía, novela e teatro. Aínda que este ano esta celebración trasládase ao mes de outubro, dende este equipo propoñen que nos contedes como vos sentides estes días e que estades a facer na casa escribindo un poema o cal podedes ilustrar.

Os que vos animedes podedes envíalo ao seguinte correo: jesus.aulas@gmail.com

O prazo máximo de entre será o 22 de maio.

TAREFAS DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola a todos/as!

Achegamos as actividades para esta semana. Lembrade que só é necesario enviar o diario de traballo (ou diarios), a ficha de lectura (opcional) e as actividades de valores (voluntario para o alumnado de relixión). A entrega farase, preferiblemente, o venres aos correos facilitados.

Con respecto aos envíos semanais, sabemos que hai familias que están tendo problemas para enviar as mensaxes. Pensamos que empregando as seguintes direccións estará solucionado:

2ºA: sdmontero@edu.xunta.gal

2ºB: dayren.mosquera@edu.xunta.gal

Un saúdo.

As titoras de 2º.

NOVA PROPOSTA DO NOSO AMIGO ELMER

 

Mañá é un gran día para vós, nenos  e nenas!  Por fin PODEDES  SAÍR Á RÚA. Foron moitos días sin saír, así que Elmer propónvos que  saquedes unha foto ou faigades un pequeno video e que o enviedes ao mail da biblioteca.

Elmer estará encantado de ver o ben que o ides pasar!!

 

 

 

 

SEGUIMOS XOGANDO!

Ola a todos/as!!!

Como estades pasando estes días? Elmer segue traballando para que podades levar mellor a cuarentena. Como sabedes, esta semana celébrase o día do libro e no seu blog ten moitas actividades divertidas para facer. Animádesvos? 

Ademáis, unha mestra do colexio envíanos unha actividade moi interesante: un xogo de retos. Xa veredes que divertido, vaivos encantar!!

Unha aperta!!

 

TAREFAS DO 14 AO 17 DE ABRIL DO 2020

Ola a todos/as! 

Agardamos que sigades ben. A continuación atoparedes os documentos adxuntos coas tarefas a realizar ao longo desta semana. Calquera dúbida estamos á vosa disposición. 

Un saúdo. 

As titoras de 2º. 

BENVIDOS AO 3º TRIMESTRE!

Prezadas familias:

Agardamos que todos e todas sigades ben. Como xa sabedes, hoxe da comezo a 3º avaliación. Para o seu desenvolvemento, decidimos seguir un horario de materias, dun xeito similar ao que se faría nas clases presenciais. Dito horario, foi flexibilizado e amósase nos documentos adxuntos.

O que faremos será subir, semanalmente, as tarefas que ten que realizar o alumnado ao longo dese período coas orientacións pertinentes. Para calquera dúbida empregaremos a aplicación de Abalar, coa fin de resolvela.

Paralelamente e co obxectivo de levar un certo control das tarefas, así como das dificultades observadas, pedímosvos que ao finalizar cada semana (preferiblemente os venres) nos mandedes ao correo, por cada materia, a folla de diario que se mostra adxunta. Podédelo facer sacándolle unha foto co voso teléfono unha vez cuberta, escaneándoa ou escribindo sobre ela no ordenador, o que vos sexa máis sinxelo. Aquelas familias que non dispoñen de impresora poderán facelo no caderno, seguindo o modelo de diario facilitado e facendo o envío coas indicacións anteriores.

 

(Non é necesario que nos mandedes os exercicios, só o diario)Igualmente e de xeito opcional, poderedes enviarnos (mesmo correo e data) a ficha de lectura semanal (enviámola novamente como documento adxunto).

Os correos aos que a debedes remitir son:

2ºA: sdmontero@edu.xunta.es

2ºB: dayren.mosquera@edu.xunta.es

Calquera dúbida, estamos á vosa disposición.

Un saúdo.

As mestras de 2º.

NOVA RECOMENDACIÓN DE ELMER

Ola a todos/as!

Elmer está traballando moito estes días, por iso hoxe preséntanos unha actividade moi divertida. Anímaste? Tes todas as indicacións no blog de Elmer: https://oblogdeelmer.blogspot.com/

Será xenial!!

Recoméndasme o teu libro favorito?

Elmer tivo unha idea xenial! Xa que non nos podemos ver en persoa, quere que faigades un video contando cal é o voso libro favorito. Tódalas indicacións están no blog https://oblogdeelmer.blogspot.com/

Animádevos a participar!!

VACACIÓNS

Prezadas familias: 

Agardamos que siga todo ben nas vosas casas. Como sabedes, hoxe  dan comezo as vacacións de Semana Santa, feito que non vai variar coa situación actual. Tal e como faríamos de xeito presencial, recomendámosvos que os nenos e as nenas sigan coas lecturas semanais e, se considerades oportuno, practiquen algo de cálculo. 

Igualmente, no centro estamos a desenvolver unha actividade de mulleres escritoras, polo que precisamos que, aproveitando as vacacións, fagades unha pequena busca de información bibliográfica para, posteriormente, realizar unha nova tarefa da que daremos as instruccións necesarias. Para iso, podedes empregar como modelo o documento que aparece adxunto. O alumnado de 2ºA realizará a súa busca sobre Yolanda Castaño, mentres que o alumnado de 2ºB farao sobre Ánxela Loureiro. 

Unha aperta. 

As titoras de 2º. 

Distribuir contido


by Dr. Radut