Skip to Content

1º Ciclo de Ed. Primaria

TAREFAS SEMANA 15 DE XUÑO

Bos días familias!

Xa chegamos á última semana do curso que foi moi diferente ao que todos e todas nos gustaría. Non queremos finalizar o curso  sen recoñecer o gran traballo realizado polos nenos e nenas  á hora de facer as tarefas,  amosando un gran esforzó e dedicación en cada unha das actividades a pesar das circunstancias. Noraboa, sodes uns campeóns e campioas!!

Queremos agradecer tamén todo o esforzo que fixestedes  vós, como pais, xa que esto non sería posible sen a vosa axuda e implicación.

A continuación aparecen as actividades que propoñemos para esta semana, son totalmente voluntarias e non é necesario envialas.

Disfrutade das vacacións!!

Un saúdo.

As titoras de segundo.

TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola a todos/as, achegamos as tarefas da semana que ven. 

Ánimo, que xa queda menos para as vacacións.

Un saúdo!

As titoras de 2º. 

TAREFAS SEMANA 1 AO 5 DE XUÑO

Bos días! Aquí  deixamos as actividades para realizar esta semana.

Ánimo e boa semana!

Saúdos!

As titoras de segundo.

 

TAREFAS DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola! Achegamos as tarefas para traballar ao longo desta semana. 

Agardamos que todos e todas sigades ben. 

Un saúdo. 

As titoras de 2º.

LETRAS GALEGAS 2020

Como hoxe é o día das Letras Galegas deixámosvos o enlace ao blog de Elmer con novas propostas.

Recordade que son totalmente voluntarias ;-) 

https://oblogdeelmer.blogspot.com/

 

TAREFAS SEMANA DO 18 MAIO

Bos días!

Aquí vos deixamos colgadas as tarefas da semana do 18 ao 22  de maio.

Moito ánimo que xa queda menos!

 

TAREFAS DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola a todos/as! Achegamos as tarefas para traballar ao longo desta semana. 

Lembrade que só é necesario entregar o diario de aula e, de xeito opcional, a ficha de lectura e as actividades de valores. 

Agardamos que todos e todas sigades ben. 

Un saúdo. 

As titoras de 2º. 

TAREAS SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Ola a todos e todas! Achegamos as actividades para esta semana.

Recordade que só é necesario enviar os diarios e opcionalmente as fichas de valores e a de lectura. 

 Agardamos que todos e todas esteades ben.

Un saúdo.

As titoras de 2º.

 

PROPOSTA DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

Esta semana chega unha proposta por parte do equipo de dinamización de lingua galega.

No mes de maio celebramos o día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero, autor de poesía, novela e teatro. Aínda que este ano esta celebración trasládase ao mes de outubro, dende este equipo propoñen que nos contedes como vos sentides estes días e que estades a facer na casa escribindo un poema o cal podedes ilustrar.

Os que vos animedes podedes envíalo ao seguinte correo: jesus.aulas@gmail.com

O prazo máximo de entre será o 22 de maio.

TAREFAS DO 27 AO 30 DE ABRIL

Ola a todos/as!

Achegamos as actividades para esta semana. Lembrade que só é necesario enviar o diario de traballo (ou diarios), a ficha de lectura (opcional) e as actividades de valores (voluntario para o alumnado de relixión). A entrega farase, preferiblemente, o venres aos correos facilitados.

Con respecto aos envíos semanais, sabemos que hai familias que están tendo problemas para enviar as mensaxes. Pensamos que empregando as seguintes direccións estará solucionado:

2ºA: sdmontero@edu.xunta.gal

2ºB: dayren.mosquera@edu.xunta.gal

Un saúdo.

As titoras de 2º.

Distribuir contido


by Dr. Radut