Skip to Content

1º Ciclo de Ed. Primaria

Recomendacións de verán

Estimadas familias:

Despois dun curso tan peculiar, cheo de moitas emocións e moitos moitos cambios , queremos desde o equipo de 2º de primaria felicitar ás familias polo esforzo, confianza, comprensión e colaboración amosada durante todo o curso.

Sabemos que foi un enorme esforzo para todos e todas esta “nova normalidade escolar”, pero especialmente para os nosos pequenos e pequenas, que o fixeron estupendamente e foron sen dúbida os que mellor se adaptaron ás novas normas.

Por todo este enorme traballo chegou o momento do descanso, de felicitar e valorar o seu esforzo e de desfrutar do verán.

Pero como “augafestas profesionais” está no noso deber mandar unha serie de consellos e recomendacións para manter un bo ritmo de traballo cara o vindeiro curso, seguir entrenando o cerebro e nalgún caso repasar contidos que van algo frouxos.

Aquí van as nosas recomendacións para os nenos e nenas:

Le, en voz alta e silenciosamente todos os dias un pouco (libros cómics, revistas, etc.)

□ Segue entrenando nas libretas (especiamnte na cuadriculada), con copias curtas ou ditados.

□ Practica a escritura creativa (inventa historias, escribe un diario, crea relatos locos, inventa chistes, etc).

□ Se precisas fichas de reforzo podes imprimir e traballar no caderno de verán que deixamos aquí en adxuntos.

□ Podes xogar a xogos educativos online como os que aparecen na páxina www.cristic.com, por exemplo, supervisado por un adulto.

□ Podes pedir que che descarguen nunha tablet aplicacións de repaso coma estas : (algunhas conteñen demasiados anuncios pero non atopamos ningunhas sen eles)

o Para practicar un pouco de todo APP PUPITRE de Santillana.

o Para repasar lengua: LENGUAJE 7 AÑOS de The city of the apps.

o Para repasar mates: MATES 7 años, de The city of the apps.

o Para aprender a pintar: DIBUJO FÁCIL DE KAWAII: CÓMO DIBUJAR PASO A PASO. De Better Life - Color and Draw

o Para practicar o reloxo:CLOCKED CLOCK de merakName

o Repasar os euros CONTAR DINERO MONEDAS EURO de Boriol

□ E, se podes, non deixes de facer estas cousas tan guais:

o Aprender a xogar a un xogo de mesa ou de cartas novo.

o Facer limoada caseira e tomala ben fresquiña.

o Mirar as estrelas un bo rato.

o Coidar a vosa planta.

o Tirarse nunha piscina salpicando todo o posible.

o Ver fogos artificiais.

o Fai deporte, canta, baila, etc.

o Guerra de globos de auga.

o Busca formas nas nubes.

o Superar o teu record en altura de castelo de area.

o Non tirar nunca nada de basura ao chan, nin na praia ou campo.

o Aprende a facer algunha receita de cociña, se é saudable moito mellor.

o Dar todos os días a lo menos un abrazo.

o Ocuparse dalgunha tarefa da casa (ti tamén vives aí).

o Di todas as veces que o precises QUÉROTE MOITO.

o SÉ MOI MOI FELIZ.

 

 

Desexamos de todo corazón que pasarades un curso estupendo e que disfrutedes das vacacións.

 

Con moito cariño

As profes de 2º

 

Tarefa semanal do 7 ao 11 de xuño

Boas familias. Dexamos aquí a ULTIMA tarefa semanal deste curso 2020/2021!

Para acceder a ela, com sempre, premede no debuxo ou no arquivo adxunto.

Un Saúdo!!

Tarefa semanal do 7 ao 11 de xuño

Boas familias. Dexamos aquí a ULTIMA tarefa semanal deste curso 2020/2021!

Para acceder a ela, com sempre, premede no debuxo ou no arquivo adxunto.

Un Saúdo!!

Tarefa semanal do 7 ao 11 de xuño

Boas familias. Dexamos aquí a ULTIMA tarefa semanal deste curso 2020/2021!

Para acceder a ela, com sempre, premede no debuxo ou no arquivo adxunto.

Un Saúdo!!

Tarefa semanal 31 de maio a 4 de xuño

Boas Días familias! 

Xa temos tarefa semanal nova.

Preme no debuxo ou no arquivo adxunto.

A folla entregada na aula contén erros correxidos a man, o adxunto está corrixido.

 

Un saúdo

Tarefa semanal 31 de maio a 4 de xuño

Boas Días familias! 

Xa temos tarefa semanal nova.

Preme no debuxo ou no arquivo adxunto

 A folla entregada na aula contén erros correxidos a man, o adxunto está corrixido.

 

Un saúdo!

Tarefa semanal 31 de maio a 4 de xuño

Boas Días familias! 

Xa temos tarefa semanal nova

Preme no debuxo ou no arquivo adxunto

A folla entregada na aula contén erros correxidos a man, o adxunto está corrixido.

Saúdos!

Tarefa semanal 24-28 de maio

Bo día familias!

Deixamos como cada luns a tarefa semanal.

Un saúdo

Tarefa semanal 24-28 de maio

Bo día familias!

 Deixamos como cada luns a tarefa semanal.

 Un saúdo

Tarefa semanal 24-28 de maio

Bo día familias!

Deixamos como cada luns a tarefa semanal.

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut