Skip to Content

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO 2018-2019

 LISTADO DE LIBROS PARA O VINDIERO CURSO ESCOLAR 2018-2019

VER DOCUMENTO ADXUNTO

MATERIAIS ESCOLARES EDUC. INFANTIL. Ver adxuntos

FIN DE CURSO NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER. XUÑO-2018

 ENTRADOS NO MES DE XUÑO E XA POUCO QUEDA PARA REMATAR ESTE CURSO 2017-2018. NESTE ESPAZO IRANSE COLGANDO AQUELAS INFORMACIÓNS E DOCUMENTOS DE ESPECIAL SIGNIFICATIVIDADE.

1.- CALENDARIO ESCOLAR 2018-2019. Pinchar

2.-  FONDO SOLIDARIO. Pinchar

3.- REUNIÓN FAMILIAS DE 4º EI (3 ANOS). RÓGASE A ASISTENCIA A MESMA POLO SEU CONTIDO E INTERESE. Ver documento adxunto 1º

4.- CIRCULAR FAMILIA. Fin de curso. Ver documento adxunto nº 2

CAMPAMENTOS URBANOS 2018-2019

Infórmase da  convocatoria de  Campamentos urbanos dos Centros Cívicos Municipais. A preinscripción para os mesmos, será o mércoles, xoves e venres desta semana, e decir, o 6, 7 e 8 de xuño  en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas

TEMÁTICA DO CAMPAMENTO  Nos campamentos realizaranse actividades lúdicas, xogos cooperativos, produccións plásticas, etc. En todas as xornadas adicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa.  Haberá unha excursión en cada quenda, agás nas quendas 1 e 6 (de 10.00 a 18.00 h aprox.).
 
QUENDAS (Non haberá campamento os fins de semana nin festivos) 

Quenda 1, do 25 ao 29 de xuño 

Quenda 2, do 2 ao 13 de xullo 

Quenda 3, do 16 ao 31 de xullo  

Quenda 4,  do 1 ao 14 de agosto 

Quenda 5,  do 16 ao 31 de agosto 

Quenda 6,  do 3 ao 7 de setembro
 
OFERTA DE CAMPAMENTOS:   Centros cívicos que ofertan todas as quendas:   Castrillón, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Labañou, Os Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego. 

Centros cívicos onde se ofertan so as quendas 2 e 3: A Silva, Artesáns, Santa Margarida, Pescadores e San Pedro de Visma.
HORARIO:  Horario xeral,  de 10.00 a 14.00 h   Horario ampliado, de 9.00 a 14.30 h,  só  nos centros cívicos  onde se ofertan todas as quendas

 

 PREINSCRICIÓN No centro cívico onde se desexe solicitar a praza, os días 6, 7 e 8 de xuño, no horario de 11.00 a 13.30  e de 17:00 a 20:00 h. 

SORTEO PÚBLICO: En cada centro cívico o 8 de xuño  as 20.15 h.  O sorteo das prazas de NEE e discapacidade realizarase no centro cívico de Labañou. 

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E DE RESERVAS: 19 de xuño nos centros cívicos, no Teléfono 010 e na web municipal  www.coruna.gal/serviciossociais
INSCRICIÓN 
As datas da inscrición comunicaranse nos centros cívicos e na páxina web municipal  o día da publicación das listaxes.  Para formalizar a inscrición no centro cívico onde se obtivo a praza será necesario: − Aboar o custo do campamento urbano  − Achegar unha fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor  e asinar as autorizacións correspondentes

 

 Ofértanse prazas para nenos e nenas con necesidades educativas especiais (NEE) ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas serán repartidas entre as distintas quendas. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter hixiénico ou sanitario.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018-2019

FONDO LIBROS DE TEXTO 2018

ACABA DE PUBLICARSE A ORDE 09-MAIO-2018  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Para máis información. Pinchar.

LETRAS GALEGAS 2018

 XA ESTAMOS COA CELEBARCIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

SON MOITAS AS ACTIVIDADES PARA ESTES DÍAS: POESÍAS, NARRACIÓNS, BAILE, LECTURAS...E SON MOITOS OS COLABORADORES: AVÓS/OAS, LIBRERÍA AZ, FAMILIAS...

ASEMADE TEREMOS CONCURSO DO EDL QUE NOS PROPÓN QUE TRABALLEMOS SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO, A AUTORA HOMENAXEADA ESTE ANO.

PARA VER ALGUNHAS MOSTRAS. Pincahde aquí.

VOLUNTRARIOS LECTORES. Pinchar

MUÑEIRA GLOBAL. Ver

ENTREGA PREMIOS POESÍA. Ver

UNHA CLASE DO REVÉS!!!

 HOXE TIVEMOS NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER UN DÍA MOI ESPECIAL. O ALUMNADO DO COLEXIO CONVIRTEUSE EN MESTRES POR UN DÍA. NENAS E NENOS DE TODAS AS IDADES ESTIVERON A XOGAR COS MESTRES ENSINÁNDOLLES OS XOGOS DE MATEMÁTICA CREATIVA COS QUE PRACTICAN A COTIO. 

COA COLABORACIÓN DE CRECER CREANDO DISFRUTAMOS DUNHA XORNADA INTERESANTÍSIMA. MESTRES E ALUMNADO COMPARTIRON EXPERIENCIAS EDUCATIVAS E FORMATIVAS QUE EN AMBOS CASOS DISFRUTARON MOITO.

PARA SABER MÁIS PINCHADE AQUÍ.

VER VIDEO.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVOS DE ADMITIDOS CURSO 2018-2019

POLA PRESENTE PROCÉDESE A PUBLICAR POR ESTE MEDIO OS LISTADOS DEFINITIVOS

RESULTANTES DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019. Ver PDF

Lembrar que tal e como contempla a normativa esta publicación contempla o sinalado no art. 31 da Orde 12-03-2013

A VISITA DOS BOLECHAS AO CEIP SAN FRANCISCO XABIER.

   HOXE, DIA 16 DE MARZO, TIVEMOS A VISTA DA FAMILIA BOLECHAS. COA COMPAÑÍA DE Dª  BEATRIZ MATO  OTERO, CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE DA XUNTA, PRESENTARON UNHA COLECCIÓN DE CONTOS SOBRE MEDIO AMBIENTE E SOSTENTABILIDADE.

TAMÉN NOS ACOMPAÑARON

 

-D. Ovidio Rodeiro Tato, Delegado Territorial da Xunta en Coruña

-D. Roberto Rodríguez Martínez, Director de Augas de Galicia

-D. Javier Domínguez Lino, Presidente de Sogama

 

RESULTOU UN DÍA FANTÁSTICOOOOOOOOO.

PARA VER FOTOS. Pinchade aquí

ENTROIDO 2018 NO CEIP SAN FRANCISCO XABIER

 HOXE ESTIVEMOS A DISFRUTAR DO ENTROIDO NUNHA ANIMADA FESTA ONDE TODO O ALUMNADO DOS DIVERSOS NIVEIS TIÑA O SEU TEMA DE DISFRAZ.

APRVEITAMOS O NOSO PROXECTO DE BIBLIOTECA E CENTRO "AS EMOCIÓNS...OS SENTIMENTOS", PARA REFLEXAR DUNHA FORMA DIFERENTE E CON MOITO COLORIDO OS NOSOS TRABALLOS.RESULTAOU SOBRE TODO MOI ANIMADO E MOIIIIII COLORIDO.

GRAZAS A TODOS: ALUMNADO, PROEFESORADO, FAMILIAS, ANPA...

SI QUERES VER UNHA PEQUENA REPORTAXE. Pinchade aquí.

TAMÉN TEMOS ALGÚN VIDEO. ComprobaR...

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, CURSO 2018-19

           ESCOLARIZACIÓN 2018-2019

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2017/2018

Novas:

  • Toda a información do proceso irase colgando neste espazo informativo. Xunto co taboleiro sito no pórche serán os espazos oficiais de información do proceso de escolarización.
  • O listado de vacantes de alumnado 2018-2019 estará exposto neste lugar e no taboleiro do centro a partir do día 1 de marzo.
  • A data da Xornada de Portas Abertas figura nun dos adxuntos. Probablemente será nos primeiros días do mes de marzo nunha xornada de tarde. Dende ahí poderase abrir.
  • Información no Portal Educativo da Conselleríahttp://www.edu.xunta.gal/portal/node/24215

 

Distribuir contido


by Dr. Radut