Skip to Content

ENTROIDOS POLO MUNDO

Fantásticos os debuxos que recrean os diferentes entroidos imaxinados polo noso alumnado. Grazas a todas e a todos polo voso traballo e colaboración!!

Pincha na imaxe para velos

 

                                    

IMPORTANTE: ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020/2021

Recordamos ás familias solicitantes de plaza no proceso de admisión do alumnado do curso 2020-2021 para o CEIP San Francisco Javier, que ó haber máis solicudes que prazas ofertadas polo colexio é preciso baremar todas as solicitudes presentadas tanto en EDUCACIÓN INFANTIL como en EDUCACIÓN PRIMARIA.

Informamos que se alguén ten pendente de entregar algunha documentación acreditativa dos criterios alegados, o prazo remata o día 26 de maio ás 13:00 horas. 

Asimesmo, lembramos que si a data de alta na vivenda que figura no padrón é inferior a un ano, débese acreditar o domicilio achegando, no prazo indicado: 

  • contrato de aluguer ou escritura de compraventa da vivenda
  • contratos de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión 

A documentación acreditativa pendente entregarase na secretaría do colexio, no horario  de atención ao público (de 10:00 a 13:00 horas), entre os días 20 e 26 de maio.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2020/2021

Hoxe martes 19 de maio sae publicada no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.

O prazo de presentación de solicitudes abarca desde o 20 de maio ata o 19 de xuño (incluído) de 2020. 

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde  esté admitido para o vindeiro curso 2020/21.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telemática a través da aplicación FONDO LIBROS  ou  SEDE ELECTRÓNICA.

Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00 h, respetando as medidas sanitarias en vigor (mascarillas,…) e as establecidas polo propio centro.

Só se permitirá a entrada no centro para o trámite administrativo a unha soa persoa.

As colas de espera realizaranse no exterior  mantendo a distancia de seguridade .

MÁIS INFORMACIÓN PINCHAR AQUÍ

ACCESO APLICACIÓN FONDO LIBROS

ACCESO Á SEDE ELECTRÓNICA / CHAVE 365

SOLICITUDE PARA DESCARGAR

ACCESO Á ORDEN DO DOG

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21

No día de hoxe, 6/05/2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 que, no ámbito educativo, estableceu os seguintes acordos:

– Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020

NOVOS PRAZOS

Presentación de solicitudes de admisión

Do 11 ao 18 de maio de 2020

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

ata o 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido

antes do 9 de xuño de 2020.

 

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais

3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

ata o 26 de xuño de 2020.

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria:

do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Formalización da matrícula ordinaria en ESO e BAC (no IES)

do 1 ao 10 xullo.

Prazo extraordinario de matrícula en ESO e BAC:

do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

 HORARIOS DE APERTURA E NORMAS DE SEGURIDADE

Comunicamos que o centro permanecerá aberto durante o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado en horario de 10:00 a 13:00 horas, só para o trámite administrativo de admisión de alumnado, é dicir: presentación de solicitudes e da documentación para baremación.

Non se atenderá outro tipo de solicitudes, non se permitirá acceder a zonas diferentes da administrativa nin se entregará material de alumnado.

Para calquer outro trámite administrativo diferente da admisión do alumnado, realizarase a solicitude por correo electrónico e darase cita para a entrega da documentación.

As consultas poderán realizarse durante o prazo de presentación, por teléfono no horario habitual de apertura, ou por correo electrónico escribindo a: ceip.sanfrancisco@edu.xunta.gal  indicando no asunto consulta admisión alumnado”

Rogamos que cando sexa posible, realicen a presentación de solicitudes empregando a SEDE ELECTRÓNICA,aportando no mesmo procedemento a documentación necesaria para a baremación.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

O trámite poderá realizarse de forma presencial únicamente cando o solicitante non poida efectualo de forma telemática.

A atención será individualizada

Só se permitirá a entrada no centro para o trámite administrativo a unha soa persoa.

As colas de espera realizaranse no exterior  mantendo a distancia de seguridade, e dentro do posible, seguir as instrucións das autoridades sanitarias empregando mascarillas e guantes.

Documentación

Para evitar vir ao centro máis veces cás imprescindibles, rogamos que acudan con toda a documentación necesaria para a baremación dentro do prazo de solicitude, que a acheguen por correo electrónico (con acuse de recibo) ou que a incorporen telematicamente se o fan por sede electrónica.  

Para axilizar o trámite deberán traer as fotocopias, xunto cos orixinais.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do/a alumno/a, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns cando a persoa interesada denegue a consulta automática de datos (art.17.1)

A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario.

A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

NOTA IMPORTANTE: O colexio abrirá o luns día 11 exclusivamente para trámites de admisión de alumnado, calquera outra consulta ou trámite, utilicen correo electrónic: ceipsanfrancisco@edu.xunta.gal ou chamen ó teléfono 881960980

ÁNIMO E GRAZAS!!

Estimadas familias e membros da comunidade educativa, 

Todo o profesorado queremos agradecer e compartir as mensaxes de ánimo que nos estades a facer chegar de distintas formas e medios. É  por iso, que publicamos os vídeos que con tanto cariño e entusiasmo realizastes, e que nos alentan a seguir adiante!!

Un millón de grazas !!! TODO SAIRÁ BEN!!! 

Vémonos pronto!!! 

 

 

 

COMEZO OBRAS CONSTRUCIÓN PISTA CUBERTA

Estimadas familias e membros da comunidade educativa

Hoxe temos unha noticia importante e desexada, que nos alegra moito poder comunicárvola: empezan as obras de construción da pista cuberta no noso colexio. Desexamos que todo saia ben e poder estrenala no próximo curso. 

Queremos manifestar o noso agradecemento a todas as persoas que de distintas formas contribuiron a que isto fose posible. 

Grazas e esperamos que todos sigades ben!!

Recibide un cordial saúdo

O Equipo Directivo

AVISO IMPORTANTE. AVALIACIÓN

Estimadas familias:

Esperamos e desexamos que todos estedes ben, e que pronto poidamos volver á normalidade.

Queremos informar, seguindo as instrucións da Consellería de Educación, que haberá informe de resultados da 2ª avaliación, cos contidos traballados ata a declaración do estado de alarma (13 de marzo).

A publicación das notas desta 2ª avaliación será a través da aplicación abalarMóbil, o día 2 de abril.

O profesorado continuará propoñendo tarefas no espazo da súa clase (bloque titorías situado a dereita desta páxina).

Lembramos a importancia de estar rexistrados na aplicación abalarMóbil, tanto para manter contacto co profesorado como para poder acceder os resultados de avaliación.

Moitas grazas pola vosa colaboración e moito ánimo!!

Desexando vernos pronto #EuQuedoNaCasa

(pulsade sobre a imaxe para acceder a un titorial)

 

ACTUALIZACIÓN TITORIZACIÓN E TAREFAS ALUMNADO

Estimadas familias, 

En primeiro lugar enviarvos un enorme desexo que todos e todas esteades ben.

O profesorado segue a traballar na titorización e atención ó alumnado durante a suspensión de clases. No bloque da dereita, TITORÍAS, cada clase está a desenvolver a súa programación con tarefas, xogos, explicacións, actividades, ligazóns web, información e recursos para que os rapaces e rapazas poidan seguir a traballar dun xeito o máis normalizado posible. 

A comunicación do profesorado cas familias será preferentemente a través do espazo abalar, polo que queremos lembrar a importancia de estar dado de alta na aplicación. Dipoñedes da guía pinchando aquí

Desde o Departamento de Orientación están a traballar en varias temáticas e ofrecennos pautas de actuación ante situacións que nos podemos encontrar  nas circunstancias actuais:

Podemos seguir as súas suxerencias e/ou informacións  no bloque da dereita : DEPARTAMENTOS, e dentro deste en Orientación

 O EBE, Equipo de Biblioteca Escolar, están a poñer ligazóns, vídeos, audiocontos,.. e actividades relacionadas ca lectura, e por suposto, tamén algo de cine. Seguide  O Blog de Elmer

Para calquera dúbida, solicitamos empregar mellor o correo electrónico: ceip.sanfrancisco@edu.xunta.gal

Moito ánimo e saúde. Todo sairá ben!!!!  

          

TITORIZACIÓN E TAREFAS ALUMNADO

Estimadas familias,

O profesorado do centro está a programar actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado poida realizar no propio domicilio, fará un seguimento, pero non terán carácter avaliable. 

Xa están dispoñebles os seguintes recurso, que iremos actualizando a medida que sexa posible. Accédese ás mesmas pinchando nos cursos ou nas distintas ligazóns.

O profesorado  intentará manter contacto cas familias a través da aplicación abalarMóbil  polo que é importante que estén dados de alta.  Dispoñen de acceso á guía pinchando AQUÍ .

Guía sinxela de abalarmóbil

Moito ánimo e vémonos pronto!!!

4º EDUCACIÓN INFANTIL

5º EDUCACIÓN INFANTIL

6º EDUCACIÓN INFANTIL

PROPOSTA ACTIVIDADES MÚSICA EDUCACIÓN INFANTIL

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA 

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 (1) Tarefas de Inglés para 1º, 2º, 3º e 4º

O Departamento de Inglés envía as seguintes ligazóns para Aprender Inglés xogando, así como para reforzar a súa cultura e outras materias. 

 

 

Asimesmo, queremos poñer á disposición das familias, ligazóns a distintas plataformas, ferramentas, e recursos educativos externos ó centro para estes días : 

 

EDUCLAN, ferramenta educativa para as familias en colaboración co Ministerio de Educación

AULAS GALEGAS ORG. Con distintas actividades agrupadas por niveis

A NOSA CLASE DE PRIMARIA: blog con recursos didácticos de 3º a 6º EP.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PROCESO DE ADMISIÓN

Información proceso de admisión:

CONTACTO CO CENTRO

A través do correo electrónico: ceip.sanfrancisco@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut