25 N

O pasado xoves, 25 de novembro, foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día que oxalá non estivese marcado no calendario. 

 

Nos días previos enchimos a escola de bolboretas lilas e mensaxes pola igualdade, o bo amor, a liberdade de nenas e mulleres e o rexeitamento da violencia contra elas. Puxemos os lentes violetas non só de forma figurada, tamén saímos con eles postos ao patio para cantar ben alto La Puerta Violeta de Rozalén, un himno contra a violencia de xénero. Aquí podedes ver un pequeno vídeo que o mostra.

Seguiremos educando e loitando día tras día por un mundo no que as nenas e as mulleres non vivan con medo por mor de selo, e no que os homes respecten a liberdade e os corpos das mulleres e nenas.

 

Querémonos vivas! 

 

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso