Samaín 2021

Durante a última semana de outubro, a nosa escola, máis que unha escola, semellaba unha casa encantada... Cabazas, morcegos, esqueletes, teas de araña, pantasmas e meigas rondaban polos corredores coa chegada do Samaín e do Halloween. Para que se sentisen como en casa, fixemos unha chea de actividades coas que todos os nenos e nenas do Sagrado Corazón desfrutaron un montón:

  • Fixemos un concurso-exposición de cabazas na entrada do cole, inspirándonos en historias e contos, as "Cabazas literarias".
  • Compartimos experiencias misteriosas e supersticións que aconteceron na realidade.
  • Decoramos as aulas e corredores.
  • Elaboramos as nosas propias pocións cos seus conxuros.
  • Contamos historias de medo e inventamos as nosas propias historias.
  • Traballamos con películas, literatura e cancións sobre estas festas.
  • Os nenos e nenas de infantil desfrutaron dunha sesión de contacontos terrorífica a cargo dos nenos e nenas de 6º de primaria.
  • E tivemos na biblioteca unha sección moi especial.  

 

Aquí podedes ver imaxes dalgunhas destas actividades. 

 

En definitiva... que o pasamos de medo e desfrutamos aprendendo!

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso