Skip to Content

AXUDAS COMPLEMENTARIAS DE MATERIAL ESCOLAR

Atendendo á resolución do 5 de outubro de 2022 informamos da concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022:

 

1. Os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.

2. As familias poden recoller os vales no centro a partir do  luns 17 de outubro.

3. O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

4. No suposto de extravío pola familia ou pola libraría, o centro educativo nunca expedirá un duplicado.

Un saúdo!

 

PLAN DIXITAL

PLAN DIXITAL DE CENTRO.

VISITAMOS TROPIC GAIA!

 

 Preme aquí -> VISITAMOS TROPIC GAIA - YouTube e visualiza o vídeo da nosa excursión a Tropic Gaia o pasado luns 3 de outubro!

 

MENÚ ESCOLAR DO MES DE OUTUBRO

      Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de outubro.

REUNIÓN COMEZO DE CURSO

MÉRCORES 5 DE OUTUBRO ÁS 16:30 NO CEIP DE RIOTORTO TERÁ LUGAR A REUNIÓN INICIAL DE COMEZO DE CURSO.

AGARDÁMOSVOS!

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

Familias, 

Adxúntase o calendario escolar para o curso 2022-2023.

Os días NON LECTIVOS deste centro son os seguintes:

  • 9 DE DECEMBRO
  • 20 DE MARZO

MENÚ ESCOLAR DO MES DE SETEMBRO

                                                              Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de setembro.

INICIO CURSO 2022-2023

Prezadas familias.... COMEZAMOS UN NOVO CURSO!


O xoves 8 de setembro ás 09:15 iniciamos este novo curso con moita ilusión!

Informámosvos dalgunhas novidades deste novo curso:

- O USO DA MÁSCARA NO COLEXIO XA NON É OBRIGATORIO (TAN SÓ NO TRANSPORTE ESCOLAR).

- ELIMÍNASE A DISTANCIA DE SEGURIDADE NAS AULAS.

- XA NON HAI GRUPOS BURBULLA NOS CENTROS EDUCATIVOS.

Prema aquí para acceder ás instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

Deste xeito, este curso será un inicio da nosa volta á normalidade (ata que a COVID-19 o permita).

Como se viña facendo antes da pandemia, a REUNIÓN INICIAL COAS FAMILIAS SERÁ DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE OUTUBRO (informarémosvos previamente).

Aconsellamos que os nenxs vaian traendo o seu material escolar de xeito escalonado para que non veñan excesivamente cargados o primeiro día.

Lembramos o horario do mes de setembro:

ENTRADA  09:15

SAÍDA ALUMNADO USUARIO COMEDOR  15:00

SAÍDA ALUMANDO NON USUARIO COMEDOR 14:00

 

Para calquera pregunta, non dubidedes en poñervos en contacto con nós :)

AGARDÁMOSVOS CON MOITAS GANAS!!

MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN PRIMARIA CURSO 2022-2023

Familias,

Adxúntanse as listaxes de material escolar por cursos.

SAÍDA A MARCELLE XUÑO 2022

EXCURSIÓN A MARCELLE XUÑO 2022 - YouTube

Lembranzas da nosa saída a Marcelle! 

Distribuir contido


by Dr. Radut