Skip to Content

A IMPORTANCIA D XOGUETE NA INFANCIA

Estimadas familias,

O vindeiro mércores día 24 de novembro terá lugar ás 16:20 na aula de Usos Múltiples do CEIP Plurlingüede Riotorto, unha charla informativa organizada por Educando en Familia. Está dirixida a toda a comunidade educativa e tratará a temática da importancia do xoguete na infancia.

Unha aperta a todxs!

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

Familias:

Publicáronse as axudas para a distribución de MÁSCARAS entre o alumnado da etapa de Educación Primaria.

O prazo para a súa solicitude abarca desde o 15 ao 26 de NOVEMBRO.

Prema aquí para acceder á publicación. 

O alumnado que xa foi beneficiario da axuda para o material escolar non precisa presentar a solicitude, será beneficiario das máscaras de xeito directo.

 

MENÚ ESCOLAR DO MES DE NOVEMBRO

Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de novembro!

MEÚ ESCOLAR DO MES DE OUTUBRO

Estimadas familias.

Adxúntase o menú escolar para o mes de outubro!

CAMBIO DE HORARIO

Estimadas familias:

Lembrámosvos que este venres comezamos co horario que seguiremos durante os meses de outubro a maio.

Esta modificación afecta ao alumnado usuario de comedor, xa que o horario do nomeado servizo será de 14:15 a 16:15.

O alumnado que non sexa usuario de comedor rematará a xornada escolar ás 14:15.

Unha agarimosa aperta!

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022 E DÍAS NON LECTIVOS ELIXIDOS POLO CENTRO

Familias:

Adxúntase o calendario escolar deste curso 2021-2022.

Os días NON LECTIVOS elixidos por este centro educativo son os seguintes:

  • 7 DE DECEMBRO DE 2021
  • 16 DE MAIO DE 2022

  

Unha agarimosa aperta!

VOLTAMOS AO COLE!

Mañá, día 9 de setembro ás 09:15.... voltamos ao cole!

Aquí vos agardamos.. preparados para viaxar con nós?

IMOS ALÓ!

VOLTAMOS AO COLE!

MENÚ ESCOLAR DO MES DE SETEMBRO

08/09/2021 18:08

Estimadas familias,

Adxúntase o menú escolar para o mes de setembro!

Reunión xeral para as familias (INICIO DE CURSO)

Benqueridas familias:

 

O MÉRCORES 8 DE SETEMBRO ÁS 11:30, no PAVILLÓN DE DEPORTE, terá lugar unha reunión xeral para informarvos ás familias sobre o funcionamento deste curso 2021-2022, así como para presentar ao profesorado do centro. 

Ao rematar a xuntanza, cada familia acompañará ao titor/a do seu fillo/a  ás aulas correspondentes.

 

O XOVES 9 DE SETEMBRO iníciase a actividade lectiva para dar comezo ao curso 2021-2022.

 

Unha agarimosa aperta,

Vémonos pronto.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Adxúntase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022.

Un saúdo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut