Skip to Content

Benvidos á web do noso centro

     Benvidos ao Ceip de Riotorto!

     A través desta páxina web queremos mostrar o tipo de escola que queremos lograr. Unha escola aberta á comunidade, flexible, integrada no entorno, experimentale baseada en valores democráticos, onde o obxectivo prioritario sexa o desenvolvemento integral da persoa en todas as súas dimensións, física, afectiva, intelectual, ética e social .
     Un centro onde a Comunidade educativa comparta uns valores comúns para a vida e a convivencia: xustiza, solidariedade, igualdade, saúde, esforzo, creatividade, lealdade,xenerosidade, diálogo e responsabilidade persoal.
     Un centro que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se sinta discriminado.
     Un centro participativo, aberto ó contorno, onde cada un dos membros da comunidade desenvolva o seu labor con responsabilidade para conseguir os obxectivos comúns quenos marcamos.
     Un centro onde a atención á diversidade ocupe un lugar privilexiado, de xeito que calquera neno poida atopar o seu espazo propio.
     Un centro onde a comunidade educativa actúe con flexibilidade, moderación e criterio, tendo en conta as diferenzas individuais do alumnado.
     Un centro onde se priorice a educación para a igualdade e a coeducación, evitando
actitudes sexistas.


En definitiva, un centro onde se ensine e se aprenda a ser persoa, a “aprender a aprender”e “aprender a convivir”.

 

 

 

 

 

 

ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2020-2021

ADMITIDOS COMEDOR ESCOLAR 2020/2021

Comunícase a tódalas familias que solicitaron o uso do comedor escolar que están todos e todas os alumnos e alumnas admitidos por non ter problemas de prazas a disposición.

Comunícase que todo o alumnado que solicitou praza de comedor neste centro está admitido.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021

CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2020-2021.

PREMA AQUÍ PARA VER O CONTIDO

 

 Ademais das datas sinaladas no calendario escolar, falta os dous días NON LECTIVOS elixidos polo centro educativo.

DÍAS NON LECTIVOS DO CENTRO:

  • O 2 DE NOVEMBRO DE 2020
  • O 30 DE ABRIL DE 2021

SUSPENSIÓN DAS CLASES NOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS

CIRCULAR INFORMATIVA ÁS FAMILIAS.

 

Estimadas familias:

A presente circular é para comunicarvos que está prevista a suspensión das clases pola Consellería de Educación a partires do luns día 16 de marzo en tódolos centros educativos galegos de tódolos niveis educativos durante catorce días.

Atendendo a recomendación da Consellería referido á organización das tarefas, dende o centro educativo aconsellamos realizar o plan diario que podedes atopar na parte dereita desta Wb.

Os alumnos e alumnas teredes o traballo especificado para cada curso no apartado DEPARTAMENTOS >CURSO DE CADA NENO OU NENA . (Lado dereito da páxina web)

 

 

 

 

 

Día Internacional da Muller

Nesta entrada podedes ver un anaco do traballado no noso centro polo Día Internacional da Muller. Esperamos que sexa do voso agrado.  

 

 

Entroido 2020

Aquí tedes un pequeno recordo do entroido deste ano 2020. Esperamos que vos guste. 

Feliz entroido!

 

Volta das vacacion de entroido

27/02/2020 09:15

Lembrade que a volta das vacacions de entroido serà o xoves 27 de febreiro. Desfrutade destas festas.

Comezo das vacacions de entroido

21/02/2020 16:30

Comezo das vacacions de entroido venres venres 21 de febreiro ata o xoves 27 de febreiro

Día da Non Violencia e a Paz

O 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. A continuación poden visualizar un vídeo das actividades feitas neste día tan especial.  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut