Skip to Content

O NOSO MAGOSTO 2023

Para festexar esta celebración... no CEIP de Riotorto fixemos un intercambio de bailes tradicionais cos amiguiños da Casa Niño A Croa, divertímonos con XOTRAMU (Xogos tradicionais de Muimenta) grazas á nosa Anpa e comimos castañas asadas!

https://www.youtube.com/watch?v=HWmIVOgV9SM

DÍA DOS DEREITOS DO NENO/A

Familias,

O 20 de novembro celébrase o día dos Dereitos do Neno/a. Para dar visibilidade a esta data, unímonos á iniciativa "Día do pixama" (convocado por ASEAF), como símbolo dun dos dereitos básicos dos que moitos nenos/as carecen: CRIARSE EN FAMILIA. Para sumarnos á causa, o día 20 de novembro, animamos aos nosos nenos/as e a toda a nosa comunidade educativa a vir ao colexio en pixama.

Para máis información: https://www.diadelpijama.org/

 

O NOSO SAMAÍN 2023

No noso Samaín 2023 decoramos sombreiros, realizamos o noso tentempé terrorífico, tivemos un concerto de música e... un postre de medo!!

https://www.youtube.com/watch?v=saecNePrVSY&t=1s

MENÚ ESCOLAR DO MES DE NOVEMBRO

     Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de novembro.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

Familias, 

Adxúntase o calendario escolar para o curso 2023-2024.

Os días NON LECTIVOS deste centro son os seguintes:

  • 13 DE OUTUBRO
  • 9 DE FEBREIRO

MENÚ ESCOLAR DO MES DE OUTUBRO

     Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de outubro.

Comezamos este mes con catro xorandas de Eco-Comedores!

MENÚ ESCOLAR DO MES DE SETEMBRO

       Estimadas familias,

Adxúntase o menú do comedor escolar para o mes de setembro.

INICIO DE CURSO E REUNIÓN COAS FAMILIAS

Familias:

Comezamos un novo curso con moita enerxía! O curso 2023-2024 comezará o luns 11 de setembro ás 09:15!

O mércores 6 de setembro ás 16:00 terá lugar no CEIP de Riotorto a reunión inicial coas familias. Agardámosvos!

Un saúdo!

SOLICITUDE DE COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE APOIO AO ALUMNADO DO COMEDOR

Infórmase que o está aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024, a solicitude atópase no arquivo adxunto, debedes cubrila e presentala no centro. A data límite é o 8 de setembro

Un saúdo!

SOLICITUDE DE PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR O CURSO 2023/2024

Deberá presentar a solicitude:

- Alumnado matriculado no colexio que desexe seguir sendo usuario de comedor escolar.

- Novo alumnado matriculado no colexio para o curso 2023/2024 e que queira facer uso do comedor escolar.

Deberedes cubrir a AUTODECLARACIÓN (descargar no ficheiro adxunto desta publicación) indicando a cantidade da renda neta de ano 2022e  presentala cuberta e asinada polos dous proxenitores.

O modelo deberá entregarse no colexio colexio en horario de 10:00h a 13:00h de luns a venres.

Un saúdo!

Distribuir contido


by Dr. Radut