Skip to Content

COLABORACIÒNS DO ALUMNADO

CHEGOU A PASCUA AO CEIP DE RIOTORTO

PASCUA NO CEIP DE RIOTORTO

 

Este ano,  a Anpa do colexio agasallou a tódolos nenos e nenas cun ovo de Pascua.

Dende o centro, tódolos mestres e mestras xunto co alumnado queremos agradecer públicamente o agasallo realizado, ademáis de agradecer o donativo realizado para mercar material para E. F.

Da gusto contar cunha Anpa tan colaboradora!

MOITAS GRAZAS.

 

HOMENAXE AOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS OS FERREIROS E FERREIRAS DE RIOTORTO

CALENDARIO PARA RENDER UNHA HOMENAXE A FAVOR DOS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS OS FERREIROS DE RIOTORTO

 

   Este curso 2019-2020, os alumnos e alumnas do centro, guiados polos mestres e mestras que colaboran no plan proxecta, adicarán o seu traballo ao estudo da profesión de ferreiros.

   Todo o proxecto que reflexa o traballo realizado polos nenos e nenas xunto cos mestres e mestras poderá visualizarse a finais de curso no apartado do Plan Proxecta nesta web a finais de curso.

   Entre algunha das actividades realizadas no proxecto, atópase a elaboración dun calendario honorífico coa intención de homenaxear aos nosos veciños e veciñas ferreiros e ferreiras que participaron con nós e non dudaron de compartir as súas experiencias e coñecementos cos nosos nenos e nenas.

   MOITAS GRAZAS pola vosa entrega.

   A continuación podedes ver unha pequena mostra do traballo que estamos a facer dende o colexio.

   Agardamos que vos guste!

 

 

CALENDARIO NA HONRA DE AVELINO DÍAZ

TRABALLOS REALIZADOS POLOS NENOS E NENAS PARA COLABORAR NA ELABORACIÓN DO CALENDARIO NA HONRA DO NOSO VECIÑO E ESCRITOR AVELINO DÍAZ

En colaboración coa Asociación Avelino Díaz de Meira, os nosos alumnos e alumnas coa súa gran creatividade, fixeron os debuxos que logo se empregarían para facer as distintas páxinas do calendario de mesa que dita Asociación elaboraría e editaría, doando máis de cen unidades ao noso centro. Para saber máis prema aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut