Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022 E DÍAS NON LECTIVOS ELIXIDOS POLO CENTRO

Familias:

Adxúntase o calendario escolar deste curso 2021-2022.

Os días NON LECTIVOS elixidos por este centro educativo son os seguintes:

  • 7 DE DECEMBRO DE 2021
  • 16 DE MAIO DE 2022

  

Unha agarimosa aperta!

VOLTAMOS AO COLE!

Mañá, día 9 de setembro ás 09:15.... voltamos ao cole!

Aquí vos agardamos.. preparados para viaxar con nós?

IMOS ALÓ!

VOLTAMOS AO COLE!

MENÚ ESCOLAR DO MES DE SETEMBRO

08/09/2021 18:08

Estimadas familias,

Adxúntase o menú escolar para o mes de setembro!

Reunión xeral para as familias (INICIO DE CURSO)

Benqueridas familias:

 

O MÉRCORES 8 DE SETEMBRO ÁS 11:30, no PAVILLÓN DE DEPORTE, terá lugar unha reunión xeral para informarvos ás familias sobre o funcionamento deste curso 2021-2022, así como para presentar ao profesorado do centro. 

Ao rematar a xuntanza, cada familia acompañará ao titor/a do seu fillo/a  ás aulas correspondentes.

 

O XOVES 9 DE SETEMBRO iníciase a actividade lectiva para dar comezo ao curso 2021-2022.

 

Unha agarimosa aperta,

Vémonos pronto.

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022

Estimadas familias:

Adxúntase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022.

Un saúdo!

 

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO PARA COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN  COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021/2022.

 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, formar parte das listas de colaboración para as tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar poden cubrir e presentar a solicitude na dirección deste Centro.

LISTA DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2021-2022

LISTA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

A continuación podedes ver a relación de libros e material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.

MODELO DE AUTODECLARACIÓNS PARA USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR

USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR

 

Estimadas familias, igual que en tódolos anos tedes que entregar o ANEXO II cuberto para facer uso do servizo de comedor escolar.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA E RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN, VALES LIBROS E MATERIAL

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

IMPRORTANTE: Os alumnos e alumnas que obtiveron praza no noso centro, DEBEN FORMALIZAR  a matrícula na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00 h a partires do 24 de xuño ata o 30 do citado mes.

INFORMACIÓN PRINCIPAL DO CENTRO

INFORMACIÓN PRINCIPAL DO CENTRO

 

HORARIO ESCOLAR:  De 9:15 a 14:15 horas

HORARIO DE COMEDOR: De 14:15 a 16:15 horas.

HORARIO DE DIRECCIÓN: De luns a venres de 9:15 a 10:15 horas.

TITORÍAS: Mércores de 16:15 a 17:15 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut