Fondo solidario, axudas libros e material escolar 2020-2021


  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR


ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria  obrigatoria  e  educación  especial  en  centros  docentes  sostidos  con  fondos  públicos  para  o  curso  escolar  2020/21  (código  de  procedemento  ED330B).

NORMAS XERAIS

  • O prazo de presentación de solicitudes é do 21 de maio ao 19 de xuño de 2019.
  • A solicitude pódese cumprimentar:
    • De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.
  • A solicitude será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2020-2021 e servirá para:

1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Alumnado de 1º, 2º, 3º e 5º de Primaria.

3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS DE 4º e 6º EP

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2019/2020, así como os libros emprestados no curso 2019-2020.

 

 

DOCUMENTACIÓN

DATAS DE INTERESE

  • 20 de maio a 19 de xuño. Prazo de presentación de solicitudes.
  • 15 ao 19 de xuño. Devolución nas oficinas do centro dos libros emprestados.
  • 10 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.
  • 13 e 14 de xullo. Periodo de reclamación á adxudicación provisional.
  • 20 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
  • 03 e 04 de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado de 4º e 6º EP.