17-18. Día Internacional da Muller


   
  8 de marzo. Día Internacional da muller.

Os dereitos das mulleres e das nenas son dereitos humanos. Abarcan todos os aspectos da vida: a saúde, a educación, a participación política, o benestar económico, o non ser obxecto de violencia, así como moitos máis. As mulleres e as nenas necesitan o goce pleno en condicións de igualdade de todos os seus dereitos e  vivir libres de todas as formas de discriminación.
En 2012, Nacións Unidas proclamou o 11 de outubro como o Día Internacional da Nena.
Desde 2007, Nacións Unidas está a traballar na eliminación da discriminación de xénero que afecta a millóns de nenas en todo o mundo, a través da educación e a comunicación dos seus dereitos. Coa celebración deste día preténdese chamar a atención aos gobernos e institucións para seguir traballando e liderando os asuntos relacionados coa igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
A pesar de térense logrado grandes avances en materia de xénero nos últimos 15 anos, nenas e mulleres seguen sendo o sector da poboación que máis sofre a pobreza, a inxustiza, a violencia e a discriminación, moitas veces mesmo no marco legal.

 

Este día, realizaremos no centro unha exposición con paneis explicativos sobres os dereitos da infancia e como as nenas no mundo sofren ademáis outra discriminación, a de xénero.