Skip to Content

Curso 2017-2018

Crónica da visita ao Arrecife de Coral de Viveiro de 3º e 4º

No seguinte enlace podedes ver a crónica da visita ao Arrecife de coral que fixeron o alumnado de 3º e 4º de primaria o pasado mércores, 6 de xuño de 2018. 

http://maresdecultura.es/descubrindo-os-arrecifes-de-coral-co-ceip-cervo...

 Tedes algunha foto máis no blog de Actividades Complementarias: 

https://ceipcervo1complementarias.blogspot.com/2018/06/arrecife-de-coral...

Visita IES MARQUÉS DE SARGADELOS

O alumnado de 6º de Primaria realizou onte unha visita ao IES Marqués de Sargadelos, onde gozaron dunha xornada de convivencia co alumnado de 1º da ESO e cos compañeiros e compañeiras de 6º do CEIP de Cervo.

Á súa chegada, foron recibidos polo director e o orientador do centro, e logo da benvida e da visita ás instalacións do instituto, realizaron varios xogos organizados polo alumnado do IES.

Por último, e para pechar a visita, dirixíronse á cafetería do centro onde degustaron uns saborosos petiscos.

En breve publicaremos todas a imáxes no blog de complementarias:

http://ceipcervo1complementarias.blogspot.com/

 

Pasárono xenial!Collage IES

Visita IES MARQUÉS DE SARGADELOS

O alumnado de 6º de Primaria realizou onte unha visita ao IES Marqués de Sargadelos, onde gozaron dunha xornada de convivencia co alumnado de 1º da ESO e cos compañeiros e compañeiras de 6º do CEIP de Cervo.

Á súa chegada, foron recibidos polo director e o orientador do centro, e logo da benvida e da visita ás instalacións do instituto, realizaron varios xogos organizados polo alumnado do IES.

Por último, e para pechar a visita, dirixíronse á cafetería do centro onde degustaron uns saborosos petiscos.

Pasárono xenial!

Excursión de 5º e 6º A Coruña

 Pincha na imaxe e poderas ver as fotos

5º e 6º na Coruña!!

CORRELINGUA 2018

O xoves 10 de maio os nenos e nenas de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiron ao Correlingua 2018 que este ano tivo lugar en Mondoñedo.

 

 

EF na rúa. San Cibrao 25 de abril de 2018

Aquí tedes un vídeo resumen do que foi o I día da Educación Física na Rúa; evento organizado polo Seminario de EF da Mariña e que contou coa colaboración do Concello, HOLAOLA,  TAFAD, COLEF, e os titores e titoras dos distintos centros. 

Grazas  aos traballadores do concello e ao noso conserxe, Jose por fabricar as cestas de Disc-Golf e pola axuda incondicional.

Está ben ser diferentes!

 

Protectora virtual de animais " la trufa verde de la escuela"

sabías que no centro temos unha protectora virtual de animais? 

Pica na trufita e poderás coñecernos.  

                                       

 Se estás interesado en participar no noso proxecto, contando algunha historia, achegando algunha noticia importante, suxestión, ou o que creas interesante, non dubides en contactar connosco.

A ler no recreo

Se da lectura no recreo queres desfrutar, á nosa mascota deberás visitar!!!!

Mascota biblioi

VISITA CASTRO VILADONGA

Debido ao mal tempo previsto a excursión proposta  para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria ao CASTRO DE VILADONGA e

NACEMENTO DO MIÑO queda posposta ata novo aviso.

 

Que o tempo nos acompañe........!!!!!!!

 

castro viladonga

Distribuir contido


by Dr. Radut