Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO: Curso 2023/2024

Listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024 (ver documento adxunto).

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA Curso 2023-24

Do 20 ao 30 de xuño está aberto o prazo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso escolar 2023-24. Deberán formalizar matrícula o alumnado de nova incorporación ao centro (aportar ANEXO III-1 e a documentación solicitada) e o alumnado que cambia de etapa educativa, é dicir, os que cursarán 1º E. Primaria (aportar só ANEXO III-1).

O certificado médico, non será preciso presentalo, agás no caso de alerxias, problemas de movilidade ou algunha outra dificultade.

FONDO SOLIDARIO. AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Curso 2023/24

Normativa: Orde do 10 de maio de 2023 (DOG 19/05/2023).

Destinatarios: alumnado que no curso 2023/2024 estude en Educación Primaria ou ESO.

Prazo de presentación de solicitudes: 20 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos).

Lugar de presentación: Na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada).

Achégase a seguinte documentación:

LIBROS de TEXTO Curso 2022-23

Listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2022-23 (ver documento adxunto).

LIBROS de TEXTO Curso 2021-2022

Lista de libros de texto para o vindeiro curso 2021-22 (ver documento adxunto)

LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN Curso 2021/22

Foi publicada a listaxe provisional de admisión para o Curso 2021/22. Só para o alumnado de nova incorporación ao colexio. Listaxes dispoñibles no centro educativo (segundo a lexislación de Protección de Datos). Están admitidos tod@s @s alumn@s que presentaron a documentación ao seu debido tempo. A día de hoxe estarían admitidos un total de 21 alumn@s de 4º Educación Infantil (3 anos) de cara ao vindeiro curso.  As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio. Calquera dúbida, consultar co Centro educativo.

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

Dende o día de hoxe o centro ten novos teléfonos:

                 982 829250 (secretaría/conserxería)

                       982 829251 (dirección)

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

Do 1 ao 10 de xullo está aberto o prazo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso escolar 2020-21. Deberán formalizar matrícula o alumnado de nova incorporación ao centro (aportar ANEXO III-1 e a documentación solicitada) e o alumnado que cambia de etapa educativa, é dicir, os que cursarán 1º E. Primaria (aportar só ANEXO III-1).

LIBROS de TEXTO Curso 2020-2021

Achegamos a lista de libros de texto para o vindeiro curso 2020-21 (Ver documento adxunto).

BOLETÍNS AVALIACIÓN

 

A entrega de notas desta avaliación (ordinaria) realizarase a través da aplicación abalarMóbil, dentro do apartado de cualificacións. O venres 19 de xuño subiranse as notas a dita plataforma.

Ademáis, nesta ocasión, as familias interesadas en ter o boletín en formato papel poderán pasar a recollelo polo Centro a vindeira semana (do 22 ao 26 de xuño) en horario de 10 h a 14 h. Actuando según o protocolo sanitario establecido para o COVID-19.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut