Skip to Content

CURSO 23-24

DÍA DO LIBRO

Hoxe conmemamos o Día do Libro cunha recopilación de portadas que o noso alumnado recreou nas súas casas. Sodes uns artistas, porque o resultado quedou excelente. Cipriano está moi orgulloso!!

Nunca deixes de ler!!

MENÚS DO COMEDOR ESCOLAR DO VINDEIRO TRIMESTRE

 

Estimadas familias.

Xa podedes consultar os menús que se servirán nos vindeiro trimestre.

Os arquivos están adxuntos ao final desta publicación.

Un saúdo

MULLERES PROTAGONISTAS DO 8 M NO PENÍNSULA DA PAZ

Axenda chea de actividades en torno ao día da MULLER na semana do 8 M.

Grazas ás familias polas vosas aportacións. O EDLG fixo un bonito mural que temos exposto no primeiro andar.

Viñeron a visitarnos xogadoras do BURELA FS, Caridad, Cilene e Rafinha. O mellor equipo do mundo!!!!

Tamén tivemos a Kenia López, surfista de 16 anos que se atopa no top 12 de Europa na categoría sub 21,  que trouxo unha bonita presentación do seu deporte e da igualdade. 

Grazas de novo á Fundación ALCOA  e as súas traballadoras coas que poidemos tamén coñecer de primeira man o papel da muller na factoría.

Por último, moitas grazas tamén a Irene del Río (corpo técnico da selección española de fútbol)e á familia de Pelayo por facernos chegar un motivador  video para celebrar este día.

Como sempre, temos todo documentado. Deixámos un vídeo resumo do 8M e o que nos enviou Irene:

 

 

XUSTIFICACIÓN DE FALTAS

Ante as dúbidas sobre a xustificación de faltas do alumnado por motivos médicos, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, publicou unha aclaración sobre a forma de proceder nestes casos. 

En base a iso, no CEIP Península Da Paz, creamos unha infografía resumo para facilitar esta información. 

Calquera dúbida, podedes poñervos en contacto co centro educativo.

Axenda Cultural do Concello de Cervo na ponte.

Bos días.

Dende o Concello envíanos a axenda cultural para a ponte.

Xornada de Billar co Clube de Billar Xove

Contábamos ter un día entretenido, pero sorprendeunos o ben que o pasamos coa xente do clube de Billar de Xove.

Aquí tedes

 a proba:

+Si queredes seguír xogando con eles tedes  información ao final do vídeo.

Actividades 25N. Vídeo!

Vídeo do día 24.

Aquí tedes as actividades organizadas polo Concello  para os vindeiros días en contra da Violencia de Xénero.

Nós unirémonos ás do día 24. 

ACTIVIDADES DE SAMAÍN NO CEIP PENÍNSULA DA PAZ E INAUGURACIÓN DAS PISTAS DE ATLETISMO

Estimadas familias. A continuación tedes unha mostra das actividades que fixemos no centro os pasados 30 e 31 de outubro. Espero que o disfrutedes. 

FESTA DE SAMAÍN:

BEBERAXES: 

 

 

IINFANTIL: OBRADOIRO DE COCIÑA DE SAMAÍN:

PEQUECHES POR SAMAÍN:

https://elsitiodemirecreo-alena.blogspot.com/2023/11/pequechef-por-samai...

SAMAÍN EN INFANTIL:

https://elsitiodemirecreo-alena.blogspot.com/2023/11/samain-2023.html

INAUGURACIÓN DAS PISTAS DE ATLETISMO: 

Entra no seguinte enlace para ver as fotos con Adrián Ben e máis!!!!

https://nosoloesgimnasia.blogspot.com/2023/11/fotos-inauguracion-pistas-...

 

 

 

 

 

SERVIZO DE COMEDOR: MENÚS NOVEMBRO 2023

Adxuntamos os menús para o mes de novembro de 2023

EDUCANDO EN FAMILIA, CONCELLO DE CERVO

PROGRAMA EDUCANDO EN FAMILIA 



 REUNIÓN INFORMATIVA:

  • Miércoles 20 de setembro
  • 17.00 Horas
  • Auditorio da Casa da Cultura
  •  Dirixido a familias con fillos de 0 a 6 anos


Educando en Familia é un programa que ten como fin contribuír á formación das familias e así mesmo axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento do contorno dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.

Nesta reunión informativa explicaranse as actividades a realizar durante o curso, que irán dende actividades grupais con familias con nenos/as de 0 a 6 anos, sesións formativas para familias (sen nenos/as), e charlas-coloquios con avós e avoas,…

Distribuir contido


by Dr. Radut