Skip to Content

PUNTO LARANXA FÍSICO E VIRTUAL CONTRA O ACOSO

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento d o acoso e ciberacoso escolar, co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos da nosa comunidade autónoma. Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do denominado Punto Laranxa en cada un dos centros de ensino. Trátase dun espazo físico  e virtual onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar e, ademais, dun pequeno espazo onde o centro será quen de incorporar información adicional relacionada con esta temática.

Tamén temos un aplicativo virtual instalado na nosa web ao fondo da columna dereita: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippeninsuladapaz/node/588

Outra das accións previstas no novo protocolo é a constitución do denominado Equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), un equipo docente encargado de levar adiante as medidas establecidas no devandito protocolo con relación á detección e á intervención ante posibles casos de acoso e ciberacoso escolar. Este equipo estará formado por un mínimo de tres membros do claustro, entre os cales sería aconsellable que se atopasen os seguintes:

• A xefa do Departamento de Orientación.

• A coordinadoa de benestar e convivencia.

• Un/unha docente nomeado/a pola dirección do centro para cada caso en función do alumnado implicado, que será a persoa instrutora do procedemento corrector, de ser necesario.

Ademais de xestionar todas as actuacións posteriores á comunicación de feitos, este equipo encargarase da revisión diaria e filtrado das posibles denuncias depositadas no Punto Laranxa, de acordo co procedemento establecido no protocolo para a intervención nos centros educativos.



blog | by Dr. Radut