Skip to Content

Proxecto OUTONO

 

Estimadas familias, comunícome de novo con vós para facervos partícipes dun pequeno proxecto que desenvolveremos en breve na nosa aula (1º EP).

Coa recente entrada no outono, decidimos, en colaboración con Sara, a mestra de Educación Plástica, ambientar a aula conforme á nova estación. Con tal fin, logo nos embarcaremos no deseño dun mural onde incluiremos os elementos que máis nos recordan ao outono galego.

Conscientes de que todos/as temos que colaborar para lograr o resultado desexado, cada un/unha de nós debe aportar á aula follas secas, landras, castañas e calquera outro elemento que nos recorde en que estación estamos. Ademais, tendo en conta que os/as grandes protagonistas da aula non son outros que os nosos nenos/as, cremos necesario que eles/as ocupen un lugar destacado neste mural; para isto, precisaremos unha foto tamaño DNI de cada un deles/as.

Moitas grazas pola vosa contribución e agardamos que o resultado sexa do agrado de todos/as!!

 

 

A mestra titora,

 

Asdo. María José Hermida

 



page | by Dr. Radut